Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internet, segundo Bill Gates

martes, 30 de enero de 2007
Os profetas non se cansan de dicir que Internet é o futuro, e comeza a se-lo presente. Pero cando o di Bill Gates, que é algo máis ca un profeta, haberá que telo en conta.

Internet leva superado moitos rubicóns nestes últimos anos desde a catástrofe de 2000, e a longa travesía recorrida polo deserto parece estar a piques de rematar.

A prensa tradicional mantén o seu papel con descensos paulatinos con mal augurio para o futuro. As radios e as televisións, con ter seguimento global masivo, sufren as agresións dos gobernos de turno que as controlan coas concesións cada vez en maior número de novas canles que non fan máis ca fragmentar a audiencia. E aquí está Internet para colle-lo relevo, cada vez máis presente nas nosas vidas.

www.galiciadigital.com, a nosa Plataforma en internet, é un bo exemplo desta evolución: en xaneiro de 2006 chegamos ás 10.000 visitas/día. En xaneiro de 2007 superamos as 20.000. Ningún medio tradicional experimenta un incremento do 100% anual, coma nós.

Bill Gates acaba de proclamar en Suiza que, en cinco anos, o modelo actual de televisión terá desaparecido, e terá que apoiarse en internet para pervivir.

E Internet permitirá a radio, a televisión, o teléfono, as videoconferencias a precio irrisorio, con alcance mundial. Internet, segundo Bill Gates, é ”O Medio”. Estamos preparados. E, polo que comprobamos, os internautas tamén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES