Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os maiores tamén nos divertimos

jueves, 13 de octubre de 2016
A diversión forma parte da vida do seres humanos e tamén do reino animal.
Sen diversión a vida non tería sentido. Ricos e pobres de tódalas culturas e de tódalas latitudes, se organizan para divertirse en comunidade e tamén a nivel individual.

Cada pobo, cada cultura, cada etapa da vida ten a súa particular maneira de divertirse, porque sen sentido do humor e sen diversión a vida sería extremadamente aburrida. Aínda diría máis: non merecería vivirse.

Desde a máis tenra infancia o ser humano ama o xogo, ama a diversión, ama a alegría.

A verdade é que a vida dásenos para disfrutala vivíndoa da maneira máis divertida posible.

A infancia aprende as diverss habilidades da vida xogando: xogando a mamás e papás, xogando a diferentes oficios ou profesións, xogando para divertirse da maneira que sexa.

Conforme vai avanzando a idade, as diversións van collendo diferentes modalidades de acordo cos intereses propios de cada momento vital.

Cando chegamos á etapa senil, as diversións van collendo un tono máis pausado conforme coas posibilidades físicas e psíquicas da persoa.

Pero o certo é que os maiores tamén nos divertimos:

-Divertímonos viaxando para coñecer novos lugares e novas culturas.
Na actualidade facémolo por conta propia e tamén usando os Servizos Sociais dos que gozamos nos países máis desenrolados.

-Divertímonos bailado nas festas, nas celebracións, nos balnearios, nas xuntanzas cos amigos e alí onde se presente a ocasión

-Divertímonos nadando ou chapoteando –según as nosas posibilidades- nas praias en tempos veraniegos e nas piscinos ó longo do ano.

-Divertímonos celebrando festas en familia ou con persoas da nosa idade.

-Divertímonos disfrutando da famila nas dferentes celebracións familiares: onomásticas, cumpreanos, vodas, bautizos comunións, confirmacións, vodas de de ouro, festas paronais, festas gastronómicas…

-Divertímonos celebrando cos compañeiros a nosa xubilación da vida laboral despois de moitos anos traballados.

-Divertímonos facendo talleres para manter nas mellores condicións a nosa calidade de vida: talleres de risoterapia, de memoria, de manalidades, etc, etc.

-Divertímonos visitando museos onde se nos presenta ante a nosa vista a traxectoria ó longo de moitos anos das diferentes actividades de vida humana.

-Divertímonos xogando cos nenos transmitíndolles os nosos saberes ó mesmo tempo que gozamos coas súas sabías saídas que nos estiran a alma e non poucas veces nos sacan a risa.

-Divertímonos coa lectura sobre aqueles temas que máis nons interesan.

-Divertímonos vendo películas ben nunha sala de cine ou ben comodamemte sentados no fogar, nunha residencia ou nun local social.

-Divertímonmos escribindo sobre as nosas experiencias dando as nosas opinións sobre os diferentes aspectos da vida.

-Divertímonos nos balnearios gozando das augas termais, do relax, da natación, das actividades que aquagin, etc, etc.

-Divertímonos facendo roteiros ou camiñando por simple pracer contemplamdo todo canto nos rodea,

-Divertímonos vendo canto nos mostran os adiantos da ciencia e da moda nos escaparates das vilas e cidades.

-Divertímonos observando o paso da vida nos parques da cidades ó tempo que gozamos das caricias dos sol ou da suave brisa.

-Divertímonos cultivando unha pequena horta ou regando as flores do noso amado xardín.

-Disfrutamos coas nosas mascotas que nos queren máis que ninguen.

Hai infinidade de maneiras de divertirse par face-la vda o máis agradable posible porque a vida merece vivirse e gozarse.

“DISFRUTANDO O MELLOR REGALO”
Este será o título do seguinte artigo.

Unha vez máis quédolle moi agradecida por terme na súa consideración.
Sen persoas como vostede eu non tería ocasión de expoñer a miña opinión sobre as miñas propias experiencias vitais.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES