Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego rico, galego pobre

lunes, 29 de enero de 2007
Pensións máis baixas, grandes fortunas. As noticias contrapóñense ou se complementan. Os xubilados de Galicia son os que menos cobran. Consta que alaomenos 22.000 galegos teñen máis de medio millón de euros.

Os xubilados de Galicia perciben, de promedio, 617 euros mensuais de pensión, aproximadamente 136 menos que no resto de España. E son perto de medio millón de persoas. As cifras son peores en Lugo e Ourense, onde as pensións medias están en 552 e 535 euros, respectivamente. Estes son, sen dúbida, os galegos pobres.

A banca que administra patrimonios superiores ó medio millón de euros ten en Galicia 22.126 clientes, que repesentan o 6,8% dos ricos de España e o 4,5% do diñeiro deses ricos. E agárdase que estas cifra se tripliquen nos próximos tres anos.

Dito así, parece como se a situación social dun país se puidese reducir a unha cantas cifras. Que puidesemos amosar cifras de xente humilde e cifras de xente economicamente forte, quedando retratada unha realidade social.

Pero a realidade é que hai un núcleo pequeño de xente moi ben situada, unha gran masa humana de clase media que vai vivindo, e unha clase humilde, os xubilados, que ó remate da vida activa se atopa case na miseria.

Galego rico, novo. Galego pobre, galego vello. Tal ver, tal esperar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES