Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un goberno peor ca os de Fraga

viernes, 26 de enero de 2007
Hai uns días sóubose que, segundo o Barómetro 2006 da Facultade de Políticas de Compostela, o Psoe sería a forza máis votada en Galicia, se agora se celebrasen eleccións autonómicas.
Segundo este Barómetro, o Psoe conseguiría 31 escanos no Parlamento galego, 29 o Partido Popular e 15 o Bng. Eso a pesar de que a calificación positiva do goberno galego baixou, segundo esta mesma enquisa, do 62,1 % en 2005 ó 51,8% no 2006, mentras que agora un 23% califica de negativo o labor do goberno, e un 17% declárase indeciso.

Galicia Dixital fixo tamén a súa enquisa, a través da páxina principal da Plataforma. Votaron 216 galegos. Non chegan a 2.000 como as opinións recollidas pola Facultade de Políticas. Pero son opinións directas, formuladas polos votantes, sen máis intervención nosa que a recollida automática.

Dos 216 votantes, 28 (o 12%) opinan que o actual goberno é o que facía falla para Galicia; 14 (6%), consideran que é un goberno coma os de Fraga; e 174 (80%) consideran que é moito peor ca os de Fraga.

Neste caso, o noso papel non é xulgar, senón plantear preguntas que chamen a atención, recoller opinións e exponer o resultado. A valoración corresponde ós internautas interesados no tema. Ahí queda eso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES