Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deus nos asista

jueves, 06 de octubre de 2016
Hai unha man moura, unha negra sombra rosaliana que emerxe no lodo da democracia e aloda e envolve as depuradoras que tan só exercen de batidoras e non de limpadoras dos excrementos políticos; esa man moura non se ve, pero exerce, está aí, calada, como a procesión dos Caladiños da Semana Santa luguesa pola noite das sombras.

Cando alguén neste país quere xuntar as forzas chamadas de esquerdas e limpar a corrupción institucionalizada . . . xorde esa man negra. De aí que a democracia haina porque queren que a haxa esas mans invisibeis do capital e nós non somos quen de nada. Pobres desgraciados opinadores! Tan só opinadores, mais non “factores”, de “facere” (facer), senón “mandados” dos outros para “adesse ad imperandum” (presentarse a recibir órdenes) cando hai algo que non interesa, romper todo e quedar abraiados cos nosos representantes votados para defendernos pero fan o queren esas mans negras; tan só así e desta maneira se ve a crise do PSOE, o cambio dos artigos da Constitución e outras moitas insurrecións que desde Elpidio Sánchez ata Garzón fan irrespirábel unha democracia que existe porque esa man negra quere que exista e nós non temos nada que ver.

A que opinión chegamos os que fixemos a transición! Deus nos asista!, agora van “coser” o partido os que coas tesoiras e cos coitelos ben afiados racharon as teas do firmamento político descosido polos “factores” da transición e polos cubertos de pensións millonarias á costa do Estado, da política e de nós mesmos. Deus nos asista!

Usurpadores da democracia, desfacedores dos votos a través das comisións mercadas polas mans mouras e as capas mouras españolas, que teñen unha cor vermella para tourearnos e outra cor moura que representa a esa man tamén moura ou a esa negra sombra.

Os partidos descosidos non se cosen co fío da auga bendita recollida nos hisopos andaluces ou madrileños, senón cos reais representantes das bases, postos polas bases, e facendo política para as bases, e non para esas mans negras que rompen as teas con tesoiras de ouro e desúrdenas con agullas de ouro e outros complementos.

Cidadans de ben que esperamos democracia. . . . Deus nos asista!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES