Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portugal irmán: Portugalicia

martes, 23 de enero de 2007
Aínda hai quen lle chama fronteira á linea que nos separa de Portugal. Porque en tempos foi barreira -telón de café- que separaba dous pobos irmáns.

Hoxe non só non hai barreira senón que hai tal facilidade de paso que resulta implícita chamada para cruzar e atoparnos en país irmán, igual en fala, en xeografía, en xente, en costumes, en vida.

Os sindicatos portugueses veñen de facer público que cada día cruzan esta inmaterial fronteira por Tui arredor de dez mil traballadores, un vintecinco por cento máis que hai cinco meses, que acuden a Galicia en busca de traballo na construcción despois de perdelo na súa terra no sector do automóbil.

Nestes momentos hai en Galicia perto de trinta e cinco mil traballadores extranxeiros, dos que máis de dez mil son portugueses.

En tanto, sanitarios galegos traballan en Portugal, ou viaxeiros nosos acoden ó aeroporto de Porto por atopar mellores condicións para viaxar por Europa adiante. E o turismo flúe pola “raia” xa sexa por gastronomía, por diversión, por interese comercial.

Nunca máis irmán ca agora foi Portugal. Nunca menos fronteira foi o Miño. Ese é o futuro: Portugalicia. O futuro e común. Vaiámonos afacendo a estar xuntos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES