Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir para ver

jueves, 29 de septiembre de 2016
Cando eu era unha nena, teño oído moitas veces que: “Está vella morrendo e está aprendendo”.
Conforme me van pasando os anos, decátome que canto levo aprendido nos anos que levo vividos, a pocuco me chegaron porque cada día estou descubrindo cousas novas que non me deixan indiferente.
E conste que non se trata de adiantos científicos nin tecnolóxicos. Deses: cantos máis mellor.
Pero hai outros que tocan as miñas fibras máis sensibles.
Aínda direi máis, preocúpanme moi seriamente.
Preocúpanme porque hai persoas sen escrúpulos que van polo mundo tan alegremente intentando por tódolos medios posibles, botar a xuventude a perder.
Eso para min é unha das peores cousas que se poden facer.
Pero si, hai quen o fai.
-Hai quen lles vende droga a cambio de gañar cartos ó precio que sexa.
-Hai quen lles bota algo na bebida –principalmente a rapazas- para que perdan a consciencia e poder facer delas o que lles veña en gana de tal xeito que elas non se lembren de nada.
-Hai quen as engana con falsos contratos de traballo para metelas na prostitución onde son explotadas ata límites inimaxinables, deixándoas sen roupa, sen móbil, sen documentación, sen nada de nada …
Non quere dicir que todos sexamos persoas malvadas e sen conciencia, pero haber, hainas.
Unha soa persoa desta maneiraa podería facer moito mal; pero moito me temo que non se trate de persoas ailladas, seguramente haberá redes clandestinas ben organzadas…
¡Qué pena!
¿Haberá pobreza máis grande?
Os medios de comunicación fálannos de que tal persoa –principalmente xoves do xénero feminino- leva desaparecida tanto tempo…
E non se debe a que tivera as súas facultades cognitivas disminuídas.
Non, non… seguramente llas farían perder ou … ¿quen sabe?
¡Que desgraza!
Grazas que a maioría das persoas imos pola vida coa cabeza e corazón postos ó servizo do benestar da humanidade.
Con todo penso que os pais de familia deben dormir pouco cando os seus fillos van de festa a uns horarios que deixan moito que desexar.
Nos meus tempos dicíase que “quen perde a noite, perde o día”.
Hoxe en día moitas persoas deben te-lo sono cambiado.
Non sei o que opinarán os médicos sobre os efectos dese “descontrol horario”
A min paréceme que en algo estamos fallando.
¿A vostede que lle parecen eses horarios nocturnos-matutinos?
¿Non din que: “de noite tódolos gatos son pardos”?
¿Non é certo que de noite vemos un vintecinco por cen menos que de día á hora de conducir un veículo?
E se a eso lle engadimos: cansancio, alcohol e outras sustancias…
¿Cales poden se-las consecuencias?
¡Ai, mi madriña!
A min algunas cousas quédanme grandes.
¿Qué terá que pasar para que recuperémo-lo sentidiño?
Difícil o vexo.
“DIFÍCIL O VEXO”
Este será o título do seguinte artigo. O artigo de hoxe é máis curto que os dos outros días, porque estas cousas supéranme.
Non quero nin pensalas.
Repúgnalle á miña conciencia.
Nada comparable.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES