Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medocracia

lunes, 26 de septiembre de 2016
Con profunda preocupación -pode crerme, benquerido lector- acabo de escoitar a intervención que o mesiánico líder de Podemos, Pablo Iglesias, protagonizou nantronte no transcurso do mitin ofrecido na Coruña, como teloneiro -digamos- do candidato á presidencia da Xunta pola súa formación, o ata hai unhas semanas xuíz, Luís Villares.

Así, de pasada, tíñalle oído declarar o ben que persoal e colectivamente se sentía infundindo medo. Pero non logrei entender o contexto, polo que acudín á fonte directa, co fin de escoitar a peza completa da súa -repito, preocupante- intervención.

"(...) El día que dejemos de dar miedo -exhortou- a los sinvergüenzas, a los corruptos, a los responsables de la desigualdad (...) El día que dejemos de dar miedo a los que se enriquecen a costa del sufrimiento de la gente, ese día seremos uno más y ese día no tendremos ningún sentido como fuerza política (...) Claro que damos miedo, porque es imposible ser decente en política sin dar miedo a los sinvergüenzas que han estado robando a la gente..."
Incomprensiblemente -descoñezo se por premeditada indiferencia ou por inconfesable pudor-, tanto o groso do contido discursivo do -repito- mesiánico orador, coma os graves exhabruptos que supurou pasaron inadvertidos nos medios de comunicación.

A min, sen embargo, leváronme ás páxinas dun libro que viaxou na miña maleta dende Caracas e que, cunha imaxe doutro mesiánico orador, Hugo Chávez, co puño pechado sobre unha montaxe fotográfica dunha multitudinaria manifestación, leva por título "La miedocracia" e que, casualmente, ando a ler nestas vésperas das eleccións.

"Durante el tiempo que lleva Hugo Chávez en el poder, los mensajes con alto contenido miedogénico han invadido a la Nación -relata o psiquiatra, antropólogo e profesor, José Luís Uzcátegui- creando un ambiente de sombras, que hace que las respuestas sean acordes a la extensión e intensidad de los estímulos (...) Esta sensación de vivir bajo efecto del miedo es la que a un procentaje de la población le sirve de pegamento morboso hacia el gobernante, y a otro grupo, a los opositores, le activa los núcleos obsesivos y quedan atrapados en afectos nefastos e inútiles como son rencor, rabia, desesperanza y confusión".

Evidentemente, cada quen que vote a quen lle pete, que -malia que moitos pensen que non- para iso somos libres de pensamento, obra e condición.

Ora ben, despois de telo oído e feita a inevitable comparación, senón medo sentín un certo desacougo, ó maliciar que, se é que se sinte tan cómodo provocando medo sen máis recursos cós da súa lacerante dialéctica, cómo se poderá sentir cando, ademais da razón omnímoda que semella que o asiste, poida ter nas mans os inmensamente poderosos recursos da “Nación”?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES