Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polbo, cine e política

miércoles, 21 de septiembre de 2016
En Lugo falamos de polbo, agora que se achega o San Froilán, e de cine, que para iso estamos a celebrar a anual Semana de Cine. Tamen de política, claro, que o 25 imos votar como queremos que sexa o noso futuro… político.

Falamos de polbo porque aínda que en Lugo e provincia hai numerosos e destacados establecementos dedicados a vender polbo, especialmente polbo á feira, cando se achegan as festas a tradición esixe que se vaia degustar nas casetas instaladas á beira do parque, hoxe auténticos restaurantes, nada que ver coas casetas de hai corenta anos, que a hostelería sanfroilaneira mellorou a ollos vistas e a tradición robusteceuse.

O do cine tamén rexistra unha progresión importante desde que a Semana comezou en 1979 e os nenos que daquela vían cine infantil van hoxe cos seus fillos a ver cine de nenos, e a terceira semana de setembro de cada ano hai en Lugo unha invasión cinematográfica que desborda por toda a cidade.

O da política non evoluíu, non progresou como debera, e parece un “dejá vue”, sen que o presente e os futuros previsibles anuncien resultados sorprendentes; moito menos revolucionarios.

O do polbo aínda pode ter amaño se o aparentemente mal resultado do
concurso convocado para adxudicar casetas e caldeiros para estes catro anos, chega a bo fin e resulta ser algo máis ca un negocio planteado con pretensións de bloquear ou controlar o exercizo dos industriais lucenses que levan décadas atendendo ao público no San Froilán.

O do cine, fábrica de soños, ten resultado previsible, que –desde Calderón- toda a vida é un soño e os soños, soños son. E o da política, case ven sendo un sono. E ben sabemos distinguir os galegos entre “sono” que é dormir e “soño” que é soñar con posibilidades ilimitadas, como en tempos se soñou… Se se amaña o do polbo, dos caldeiros e das casetas, e as historias do cine colman as nosas ilusións, só falta que agora ou en calquera momento os políticos esquezan o sono e nos permitan soñar cun mundo diferente no que lles imos permitir seguir sendo protagonistas, sempre que nos deixen participar en facer realidade algún dos nosos soños, polo de agora imposibles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES