Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xunta aprende dos que saben

jueves, 18 de enero de 2007
De repente, o goberno de Galicia ten unha idea brillante, e non podemos ocultar o noso asombro polo acerto.

Moitas veces os políticos pechan os ollos á realidade exterior e empéñanse na defensa das súas ideas malia quen pese.

Neste caso, o goberno da Xunta mira ó arredor, ve o que ocorre, e invita ós máximos protagonistas da actualidade económica a participar na promoción económica de Galicia.

Vaise crear unha sociedade de investimento para respaldar iniciativas de interese para a Comunidade. Vai ser coordinador desta iniciativa Manuel Jove, artífice de Fadesa.

Vicepresidente da Fundación que creará esta sociedade será Javier Riera, que ven de cesar como Director de Citroen en Vigo despois dun brillante labor de anos. E a area de investigación estará dirixida por Honorato López Isla, Conselleiro Delegado de Fenosa.

Colaborarán Citroen, Inditex, Fenosa, Coren, Pescanova, Finsa, Fadesa e as tres universidades. E contará co respaldo financieiro de Banco Pastor, Caixa Galicia e Caixa Nova.

Parabéns merece a iniciativa. E quede constancia do noso desexo de éxito a unha iniciativa novedosa, que se apoia nos que saben para potenciar de xeito serio o tecido empresarial de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES