Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como un xoves

jueves, 15 de septiembre de 2016
Agora entendo esa frase que afirma “Estás no medio, como un xoves”. Hoxe é xoves. Antes, quedan luns, martes e mércores. Despois, venres, sábado e domingo. Estamos a xoves, no medio da semana, no medio de case todo.

Estamos no medio de festas. Veñen de rematar as da Milagrosa, preludio das da capital, chega a Semana de Cine, e logo o San Froilán, orixe estes días da maior preocupación dos lucenses: Se haberá ou non haberá polbo no San Froilán. Se o servirán nas casetas os especialistas de sempre ou virán espontaneos aos que lles soe a frauta por casualidade, O do polbo preocupa, porque somos conscientes que para que haxa festa o primeiro é o tempo, e logo as barracas, e o polbo.

Claro que políticamente tamén estamos a xoves, como un xoves, entre dúas eleccións, entre as xerais do 26 de xuño e as do 25 de setembro… ou entre as do 26 de xuño e o 25 de decembro, todo o máis o 18, para non estropearlle o Nadal a ninguén.

E tamén resulta ser xoves, medio e medio, entre dúas iniciativas frustradas de formar goberno… a de Mariano Rajoy, en base aos votos do PP e Ciudadanos e a abstención non nata – entendido o significado da palabra non- do Partido Socialista, e a de Pedro Sánchez que anda a falar cos altos mandos da política activa do Estado, para ver se forma unha coalición imposible para conseguir o que nin siquiera el confía en conseguir.

Coma un xoves, no medio de ningunha parte… esa é a sensación que temos os que neste país nos da por pensar no que pode pasar… coidando que o vintecinco pode haber solución para case todo segundo sexa o resultado… pensando que dunhas autonómicas pode vir algo de tranquilidade a nivel estatal, confiando en que os galegos e os vascos saibamos votar como se supón que non soubemos os españois en xeral en dúas eleccións consecutivas coas que non logramos nada e ao peor aínda temos que volver a votar para recuperar o tempo e o voto perdido.

O bo do xoves, é que ten despois un longo fin de semana. O bo de que sexa setembro, é que logo veñen as festas. O bo do xoves é que non hai marcha atrás, e suponse que só podemos ir a mellor. Sexamos optimistas logo, que non vale de nada amargarse diante do que ao mellor non ten –non temos- amaño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES