Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Merecen que os gabemos

lunes, 05 de septiembre de 2016
Veño de sulfatar. Estou canso. Son as dez da noite do sábado.Teño que cumprir co deber: o de escribir este recuncho. De política non quero falar porque hai xente moito máis entendida ca min para analizar toda esta carallada de formar goberno, para analizar unhas presuntas novas Merecen que os gabemoseleccións que semella que non teñen fin. Así é que... falemos de ciclismo.

Un deporte polo que sinto auténtica devoción, incluso más có propio fútbol, que xa é dicir. Aproveitando que anda por aí a Volta Ciclista a España, falemos de ciclismo. Por exemplo, da gran ocasión que tiven de coñecer a eses grandes heroes das estradas en Maceda, o día que saíu desa vila a sétima etapa. Alí me plantei diante do palco das sinaturas, móbil en man, para eternizar o momento, para lembrar co paso do tempo a Froome, que, recoñezo, hoxe é o máis grande, a Contador, a Quintana, a Valverde, a Omar Fraile, a Roberto Losada e algún que outro máis. Non imaxinaba tanto público nunha vila tan pequena. Pero claro, normal, Maceda, nos últimos anos, é ciclista case cen por cen.

Non obstante, a gran aglomeración de xente penso que foi porque a aquel que lle guste o deporte tenlle que gustar o ciclismo, ten que gozar con este deporte que, ás veces, vai máis alá incluso das lágrimas, e dos golpes (mirade que non hai caídas), e dos suores. Ver a subida do Ézaro ou a subida da Camperona e ver a eses rapaces cómo fan esas eses agónicas, eses zigzags é como babexar en branco e negro.

Son as dez e media da noite. Hoxe foi a etapa raíña. Por culpa do sulfato non a vin en directo. Pero vouna ver dentro dunha hora en diferido e, aínda que xa sei cómo quedou máis ou menos todo (polas novas da radio), teño que vela igual. Porque esta xentiña merecen que os gabemos e que os vexamos e que os amemos. Son os esforzados da ruta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES