Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ferrolterra: Anotacións pastorais

lunes, 05 de septiembre de 2016
Eu son do tempo de Rogelio Doucastella e de D. Ramón Echarren, aqueles do ICEPS, da socioloxía relixiosa e da necesidade dela como elemento a ter en conta na Pastoral e na Igrexa en xeral. Hoxe isto, na pastoral, soa como algo moi estraño e pódese dicir que se fala de socioloxía. Si. Porén, séguese sen tela debidamente en conta ou faise desde apreciaciónsabondo superficiais.

Cando no febreiro 1963 se inaugurou a Domus Ecclesiae, aqueles curas acabados de ordenar e residentes no Convictorio Sacerdotal, por decisión do bispo D. Jacinto Argaya participamos nun estudo sociográfico e sociolóxico do barrio Canido como base previa para un posterior planeamento pastoral máis científico e axeitado daquela parroquia acabada de crear canonicamente. Foi dirixido polo P. Vázquez, mercedario, catedrático de Socioloxía en Madrid. Era cura Gabriel Vázquez Seijas.

Teño de confesar que a psico-socioloxía e a pedagoxía son moito do meu agrado por coincidiren moito co método de Revisión de Vida evanxélica, que na súa primeira parte, VER, nos conduce a situármonos o máis seriamente posíbel na realidade das persoas concretas, dos diferentes grupos ou sistemas nos que desenvolvemos a cotío a nosa vida real. A partires de aí, un XULGAR ao trasluz da persoa de Cristo e dos aportes serios das diversas ciencias humanas, poden darnos os criterios de discernimento que cómpren en cada situación. Un deles e principal será preguntarme, preguntármonos: Que faría Xesús, o Cristo, hoxe, aquí, no meu lugar, con estas persoas e circunstancias? E finalmente, se somos coherentes, virá un ACTUAR ou compromiso operativo que seguramente terá moitas posibilidades de acertar na transformación do mundo no que nos toque vivir e convivir.

O método de Xesús reflectido nos Evanxeos e nas primeiras comunidades dos Actos dos Apóstolosparecéseme moitoa isto. E non me resisto a recoller e comentar unha cita de Xoán Paulo II na Pastores dabovobis:

«É importante o coñecemento da situación. Non chega cunha simple descrición dos datos; fai falta unha investigación científica coa que se poida delinear un cadro exacto das circunstancias socioculturais e eclesiais concretas».

Pero o Papa advirte que non podemos ficar atrapados nas lindes dapsico-socioloxía pedagóxica, que, sendo imprescindíbeis, son insuficientes:

«Pero aínda é máis importante a interpretación da situación. É necesario o estudo dunha verdadeira e propia disciplina teolóxica: a teoloxía pastoral ou práctica, que é unha reflexión científica sobre a Igrexa na súa vida diaria, coa forza do Espírito, a través da historia. A pastoral non é soamente unha arte nin un conxunto de exhortacións, experiencias e métodos; posúe unha categoría teolóxica plena, porque recibe da fe os principios e criterios da acción pastoral da Igrexa na historia. Entre estes principios e criterios atópase aquel especialmente importante do discernimento evanxélico sobre a situación sociocultural e eclesial, en cuxo ámbito se ten de desenvolver a acción pastoral». (Pdv, nº 57).

Por veces somos demasiado dicotómicos e falsamente dogmáticos. E disto tamén nos avisa Xoán Paulo II:

«Non sempre é fácil unha lectura interpretativa, que saiba distinguir entre o ben e o mal, entre signos de esperanza e perigos. Non se trata só e simplemente de acoller os factores positivos e constatar abertamente os negativos.Trátase de someter os mesmos factores positivos a un coidadoso discernimento, para que non se illen un do outro nin estean en contraste entre si, absolutizándose e opoñéndose reciprocamente. O mesmo pode dicirse dos factores negativos: non hai que rexeitalos en bloque e sen distinción, porque en cada un deles pode esconderse algún valor, que espera ser descuberto e reconducido á súa plena verdade. Iso esíxeo a ambivalencia e ás veces o carácter contraditorio que caracterizan as situacións, as cales presentan á vez dificultades e posibilidades, elementos negativos e razóns de esperanza, obstáculos e aperturas, a semellanza do campo evanxélico no que foron sementados e «conviven» o trigo e o xoio». (cf.Mt13, 24ss.).

De aí que o discernimento evanxélico, esa revisión evanxélica da realidade, sexa a secuencia natural e necesaria para uns cristiáns que queiran de verdade ser efectivos na súa presenza activa nas realidades deste mundo. Iso será o celme da espiritualidade laical e tamén dos sacerdotes seculares que saiban acompañar os procesos de evanxelización:

«Para o crente, o discernimento evanxélico toma da situación histórica e das súas vicisitudes e circunstancias non un simple «dato», que hai que rexistrar con precisión e fronte ao cal se pode permanecer indiferentes ou pasivos, senón un «deber», un reto á liberdade responsábel, tanto da persoa individual como da comunidade. É un «reto» vinculado a unha «chamada» que Deus fai oír nunha situación histórica determinada; Deben aplicarse aquí as palabras do Concilio Vaticano II(Gaudium et spes, 4): «É deber permanente da Igrexa escrutar a fondo os signos dos tempos e interpretalos á luz do Evanxeo, de forma que, acomodándose a cada xeración, poida ela responder aos perennes interrogantes da humanidade sobre o sentido da vida presente e da vida futura e sobre a mutua relación de ambas. É necesario por iso coñecer e comprender o mundo en que vivimos, as súas esperanzas, as súas aspiracións e o nesgodramático que o caracteriza con frecuencia. (Pdv, nº.10)

Con esta lectura de fe, a praxe pode converterse nun verdadeiro “lugar teolóxico” do acontecer de Deus na realidades concretas para a comunidade crente.

POR UNHA LECTURA CRENTE DA REALIDADE DE FERROLTERRA

Vou recollendo habitualmente os datos sociolóxicos que fan relación a Ferrolterrra e mesmo á diocese. Esta consideración de hoxe veume á mente a propósito dun comentario-resumo de Jorge Meis no Diario de Ferrol, 02-09-2016, sobre a proxeción da poboación de Ferrolterra, Eume e Ortegal para o 2024 segundo os datos de IGE (Instituto Galego de Estatística) e tamén dun estudo da Xunta de Galiza sobre a Ría de Ferrol que aconsello vivamente:

riadeferrol.cidade2020.gal/wp-content/.../DUSI-RIA-DE-FERROL-CIDADE-2020.pdf.

Estamos nos inicios dun curso académico e tamén dunha nova xeira na nosa diocese. Temos un novo bispo, que aínda é novo en idade e ven de estrea.“Novo do trinque” dicimos por aquí.Ven con ganas, segundo as súas verbas. Mesmo manifestou desexos de entender este mundo desde aquí, incluíndo a cultura, a lingua e a linguaxe. Fala moito do carisma misionario. Son datos a ter moi en conta. Cómpre ter esperanza. Sabendo ben que vai ser froito de pouca dura xa que, sendo unha diocese pequena, non tardará en ser promovido. Razón demais para aproveitarmos, el e nós, a estadía, as capacidades de todos e as urxencias do Reino de Deus aquí e agora. E diría San Francisco: Loado sexas, meu Señor!

É todo un futuro a pensar e repensar xa que as canles polas que nos movemos ata agora dificilmente están a dar unha resposta adecuada á época que nos toca vivir. Non paramos de repetir sempre as mesmas fórmulas, mirando principalmente cara atrás, que dan resultados máis ben escasos e queiman ao persoal por autopercibírmonos algo así como di aquela frase: “O último que apague a luz”. Andamos escasos de esperanza. Medra e espállase un pesimismo enfermizo, que ten certamente os seus motivos, pero tampouco se afronta a verdadeira realidade que é fonda e polifacética e mesmo por iso non se acerta nas saídas axeitadas. Non hai solucións simples para problemas complexos. Toda a sociedade está así, dicimos como xustificación. É verdade. Pero Abrahán e Moisés escoitaron unha chamada: Sal da túa terra e vai a unha nova que Eu, IHWH, (Yahvéh), che irei indicando paulatinamente.

Seguramente vai ser un ano de graza e de grandes retos e estudo. Terán que aventurarse grandes cambios. Que nin os ritualismos baleiros nin o “comasemprismo” inveterado nos afogue. Temos de saír de solucións “tapafurados”, esas que se dan sen imaxinación, sen pensar demasiado, sópara saír do paso. Iso son parches cando o problema é estrutural. Iso non arranxa nada, empobrece todo e mesmo degrada o que se fixo de forma axeitada en tempos pasados. Así non se recolle nin a memoria válida do actuado no pasado.

Alguén me dirá: tés ti a solución? Grazas a Deus, non. Porque iso é cousa de todos e é todo un proceso complexo que se irá perfilando no decorrer do tempo se traballamos con xeito e con sentido de misión. Iremos avanzando con pasiños axeitados. Pero aquí, como nas matemáticas, un problema mal planeado nunca conducirá a conclusións correctas. “Quen de vós, se quere construír unha torre, non senta primeiro para cavilar os presupostos todos e calcular os gastos, para ver se ten con que acabala?” (Lc 14, 28). E iso segue sendo o método da misión que nos une.

Cando o conflito dos helenistas,nos inicios da Igrexa, houbo que tomar decisións arriscadas “os doce convocaron ao grupo dos discípulos”, souberon aceptar os feitos con realismo e con calma, pero con actitude operativa, e non dubidaron en pór axiña os remedios pertinentes mirando cara adiante. (Act 6, -12). A partires de daquela, a Igrexa comeza a abrirse a unha dimensión máis universal. Expandiuse e medrou. Saíu do ensimesmamento e situouse no mundo para cumprir o mandato de ser sal da terra e luz iluminadora da humanidade.

Daquela a realidade non era máis doada do que a nosa hoxe e aquí.

Os erros e desvaríos cómpre sabelos ver axiña, analizalos en profundidade desde todos os ángulos e perspectivas e pór en práctica,con ánimo e forma axeitada, os remedios pertinentes. Ver, xulgar, actuar.

Vou pór un exemplo dun desvarío a remediar a non tardar. Estou a falarde Ferrolterra e desa división artificiosa, sen xeito, feita á lixeira, con moi pouco sentido da realidade. A Ria de Ferrol no litoral norte secularmente sempre viviu vertebrada pola Estrada de Castela e os medios de comunicación xa que forman arredor da ría unha unidade sociolóxica de profundos lazos e interacción humana. Nunca a Ponte das Cabras marcou ningunha división natural. Nin sequera é normal esa división das dúas dioceses: Santiago e Ferrol. E mesmo esta está a esixir unha colaboración pastoral común máis alá dos enterramentos. Incluso aí é precisa unha pastoral de conxunto: ASTANO e Bazán (Navantia) ocupan as mesmas xentes. A traída da auga vai do Forcadas para a outra banda. Os tanatorios son os mesmos.

A planta de gas crea os mesmos problemas. Etc. Por outra parte, Ferrol cidade, xa non é hoxe, nin por asomo, o centro máis vital, xa que está decadente, e non se pode pensar nunha acción desde os efectivos pastorais sen traballar en común esta unidade humana e socioeconómica en franca expansión cara a Narón, Neda e Valdoviño. Os polígonos industriais e comerciais, o Porto Exterior e as vías de comunicación principalmente as tres autoestradas fan medrar os puntos neurálxicos cara a fóra. Hai unha crecente mancomunidade de servizos públicos.

Pois velaí un dislate pastoral noso: Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño son arciprestados separados e sen planificación común. Separaron Ferrol do resto de Ferrolterra. E creouse un macro Arciprestado unindo Narón e Cedeira e separando a esta da comarca natural do Ortegal con vínculos máis comúns desde sempre: Pesca, Partido xudicial, etc. Cómpre reestudar en serio esta decisión desacertada. San Xoán e Santa Icía, San Paulo, Mandiá e San Mateu, Os Ensanches e A Gándara, etc., teñen rúas e vida en común a todas as horas do día e da noite, a pé e mesmo camiñando para andar. Os buses son os mesmos. E podería seguir cos datos das infraestruturas urbanas, comerciais, empresariais, educativas, familiares, funerarias, etc.

A razón aducida foi que Cedeira e Narón se visitaban para tomaren café xuntos algúns fins de semana. E xa non houbo máis criterios de decisión.Así seguimos e así nos vai.Quod Deus (historia) conjunxit homo non separet”.

Por iso veñen moi a conto os estudos que fai o IGE, reflectidos no artigo de Jorge Meis no Diario de Ferrol e que eu sinteticei no resumo que vai a continuación. Penso que hai datos para a reflexión

Para un coñecemento cabal e completo de todos estes puntos de vista e para os nosos obxectivos recomendo vivamente o estudo que está disponibelna internet, é o acceso libreve mesmo permite imprimilo. Penso que o coñecemento desta realidade, feita por especialistas para toda clase acción, é o punto de partida preciso para calquera axente de pastoral que desexe actuar nesta parcela da diocese. A partir de aí cumprirán os planeamentos pastorais, sociais, etc.
Untitled - Ría de Ferrol. Cidade 2020

riadeferrol.cidade2020.gal/wp-content/.../DUSI-RIA-DE-FERROL-CIDADE-2020.pdf
La imperiosa necesidad de construir y garantizar un horizonte de desarrollo “duradero e ...... Ferrol,Eume y Ortegal, en 2014 a uno (ya subvencionado en 2013) y en 2015 .... Las proyeccionesdisponibles de población para la comarca de Ferrol, ... 2024, muestran unas perspectivas poco halagüeñas ya que continúa la ...

E, por hoxe, deixo aquí a miña reflexión, acabando con esperanza coma deste himno de vésperas:
Os días, cos seus gozos e as súas penas foron deixando ao pasaren marcas na alma. Igualiño aos nosos pés, que arrastrando, van deixando as pegadasnos camiños.
abrollaron nas silveiras do camiño pequenas flores brancas de esperanza e non afogaron as espiñas a tenrura, nacida do amor que as chamara.
Señor:arreda do teu pobo desvaríos edesacertos. Se nube luminosa no deserto e forza recobrada no descanso, nun mañá e horizonte sempre abertos. Amén. Aleluia.

FERROL EUME Y ORTEGAL PERDERÁN CASI 15.000 H.
DIARIO DE FERROL.-REDACCIÓN FERROL, 02-09- 2016 (00:30 H.)(jorgemeis).
LAS PROYECCIONES DE POBLACIÓN. En 2024, las comarcas de Ferrol, Eume y Ortegal perderán 14.478 personas– con respecto al año pasado.

La caída paulatina de habitantes en datos aportados por el Instituto Galego de Estatística –IGE–, acrecentada con el envejecimiento de la población y la escasa natalidad,es extensible a Galicia. Este descenso no es inmediato sino que va produciéndose escalonadamente. De 195.000 residentes en las tres comarcas, 2015, descenderá a 180.646 en diez años:

• Es la comarca de Ferrol la de un mayor descenso de habitantes –9.791, un 6,2%.
• Zona del Ortegal, el 15,7%, más de 2.000 habitantes menos.
• Comarca del Eume: pierde un 10,2%, es decir, casi 2.600 personas.

En 2020, las tres comarcas de la zona: 187.275 habitantes

• Ferrolterra –151.428–,
• Eume –23.744–
• Ortegal –12.103–.


La comarca de Ortegales la que pierde más porcentaje de las tres áreas de la zona de Ferrol, más de un 15%. La caída más fuerte de la provincia de A Coruña.

LA POBLACIÓN GALLEGA ES MAYORITARIAMENTE FEMENINA,
Es habitual en los últimos años y esa tendencia se mantendrá en el horizonte de 2024, con diferencias entre mujeres y hombres que van desde las 263 mujeres más que hombres en la comarca de Ortegaly más de 10.000 en la zona de Ferrolterra.

EL ENVEJECIMIENTO POBLACIONAL.
El IGE, como ejemplo, en 2024, en las tres comarcas 10.869 niños menores de diez años –la mayoría superan los cinco años–, frente a los 14.546 contabilizados en los datos del pasado año. Esto supone un descenso brutal de más de un 25%. El envejecimiento demográfico queda demostrado en los datos que estiman que el 31% de la población superará los 65 años en el año 2024.


LAS PROYECCIONES DE POBLACIÓN
En ocho años Galicia tendrá alrededor de 120.000 vecinos menos. Undescenso demográfico del 4,4%.
Similar al de la provincia de A Coruña, con cerca de 44.600 ciudadanos menos.

GANARÁN POBLACIÓN: (?)
• Las comarcas de Santiago –2,2%–,
• La orensana de Viana –16,2%–
• Las pontevedresas de A Paradata –5,5%– y Baixo Miño, esta última apenas apreciable.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES