Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lamento por Rey de Viana e por nós

viernes, 12 de enero de 2007
Estes novos tempos da modernidade permiten ou provocan que na estación do ferrocarril de Santiago ou na catedral do peixe na Coruña aparezan por sorpresa os componentes do Centro Coreográfico Galego, dependente do Igaem, e monten parte do número que este domingo se estrea en Compostela.

Está moi ben que o Igaem presente un Centro Coreográfico, que vai amosar por toda Galicia a súa primeira producción: “Vacuo”.

Pero a satisfacción de ver nacer unha nova criatura cultural queda empañada tendo en conta que para que este novo ente nacese tivo que morrer o Ballet Rey de Viana, aquel que naceu como independiente hai medio século, logo resistiu baixo os auspicios da Deputación coruñesa, e finalmente foi acollido pola Xunta de Galicia, onde o Presidente Fraga tiña longa querencia polo traballo do coreógrafo, e a súa dona Victoria Canedo.

Por consunción desapareu un Ballet que deu horas de groria á cultura de Galicia, que triunfou en todo o mundo, que segundo os seus enemigos era demasiado folclórico, pero ó que todo o País lle recoñeceu un traballo magnífico de recolla, reelaboración e divulgación.

Está moi ben este novo Centro Coreográfico Galego, pero é absolutamente lamentable que para que este nacese a Consellería de Cultura e Deporte fixese tábula rasa da danza oficial en Galicia. Pena por Rey de Viana, a súa herdanza, a súa xente... E mágoa por nós, como pobo, como colectividade que necesitamos morrer e queimarnos cada certo tempo, para coas nosas cinzas aboar a leira onde medrará unha nova planta, unha nova idea.

¡Lamentable!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES