Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mellor que nos pode pasar

jueves, 01 de septiembre de 2016
O mellor de todo sempre é a saúde. Eso é o primeiro que pedimos para calquera das etapas da vida humana.

¿Certo?
Sen saúde a vida sería moito máis complicada.

De feito, cando esperamos un nacemento, o primeiro que se pide é que sexa normal.
Eso téñoo oído moitas veces, pero andando os anos levo visto outras moitas cousas e fanme reflexionar sobre as causas de certos problemas sociais.

Por eso me fago estas preguntas:
¿Qué é o mellor que lle pode pasar a un bebé?
-Que non lle falte o alimento.
-Que non lle falte o vestido.
-Que non lle falte un fogar.
-Que non lle falten coidados.
-Que non lle falte cariño.
-Que non lle falten mimos.
¿Tería abondo con todo eso?

Aparentemente si, pero aínda falta algo moi importante:
Que reciba unha boa educación, que non lle consista nada que non lle deban consentir.
E tamén hai quen se pregunta:
¿Debe recibir unha boa educación un bebé sendo tan pequeniño?

E polo que levo observado ó longo da vida; chego á seguinte conclusión:

Si, certamente si, porque unha criaturiña -aínda tendo un cerebro en fase de crecemento- comprende moitísimo máis do que nos podemos imaxinar.
Chega un momento que entende todo.
Todo o que corresponde á súa tenra idade, que non é pouco.

Incluso entende a agulla de marear ós proxenitores e aí xa poden empezar os problemas se estes non saben arbitra-ls medidas oportunas.

E se o bebé entende todo o que corresponde á súa idade:
¿Por qué se lle van a consentir malos hábitos?

Un mal hábito consentido hoxe, outro mal hábito consentido mañá…
¿Non van facendo unha morea de malos hábitos?
¿Non será esa unha maneira de malcriar, unha meneira de empezar mal?
A min, pareceme que si.
E vostede… ¿Qué opina?

A xulgar polo que se observa na vida cotiá:
¿Cómo pensan a maioría das familias?
Todas conlúen en que o seu bebé é moi listo e tamén moi guapo.
Neso teñen razón.
Pero se son moi listos…
¿É tan difícil ensinarlles bos hábitos?
¿É tan difícil que fagan o que corresponde en cada momento conforme á súa idade?

Polo que observo en familias amigas, comprobo que non é difícil.
Só cómpre tomar conciencia.
¡Lástima que moitas familias non o comprendan!
¡Cantos problemas poderían evitarse!

No meu contacto frecuente co profesorado de eduación infantil, oio moitas queixas a este respecto:
Os nenos non veñen educados das casas sobre a súa autonomía persoal.
O profesorado ten que dedicar tempo a ensinarlles as habilidades propias da súa idade ademais de dedicarse ó seu labor pedagóxico.

E o peor de todo é que o seu labor non se ve reforzado nin comprendido en moitos casos. Aínda se dan casos de seren censurados:
¡A ignoracia é moi atrevida!

E xa aparecen os conflictos. Aparecen conflictos que non terían por que aparecer se foramos responsables da crianza da infancia.

Por unha banda os pais pensan que están no certo e o profesorado tamén, loxicamente.
Cando algo vai mal:
¿Sobre quen recaen as consecuencias dunha mala educación?

En primeiro lugar sobre a criaturiña que irá medrando con malos hábitos adquiridos que tarde ou cedo vanlle pasar factura á hora de relacionarse coas outras persoas.

En segundo lugar, todo volve á familia de orixe.
Se unha familia non educa os fillos en hábitos correctos…
¿Como quere que os fillos saiban comportarse cos pais?
¿Cómo queren que saiban comportarse cos avós?

Por eso penso que o mellor que nos pode pasar, despois de ser persoas sas, é recibir unha boa educación en valores.

Para dar unha boa educación á infancia, non fan falta cartos, nin formación académica.
Tan só fai falta sentido común.
Sentido común e dedicación.
Sentidiño é o que fai falta.
Dedicación, tamén porque os nenos non se educan sós.
Hai que dedicarlles moito tempo.
E todos temos suficiente sentido e suficiente tempo con tal de que teñamos ese convencemento.

A boa educación recibida nos primeiros anos de vida é unha gran riqueza que nos acompaña sempre.

Adquírese na casa e non costa cartos.
Está ó alcancede ricos e pobres.

Xa empeza un novo curso.

Moitas familias xa están fartas de aguantar ós seus propios fillos e queren que o profesorado se encargue de encarrilalos.
¡Que pena!

¿Cómo pode ser posible que un pai ou unha nai, estean fartos de aguantar o froito das súas entrañas?
¡Que tristura!

Aínda que pareza mentira, non é nada raro escoitar frases así durante o tempo vacacional:
¡Xa estou farto de ti!
¡Xa estou desexando que empece a escola!
Como fagas tal cousa: ¡mátote!
(¡Ai, Señor! ¡Canto hai que oír!)
¡Canta maduración lle falta a moitas persoas!
¡Canto lle queda por aprender, se están dispostas a facelo!

Cando comprenderán que:
A función do profesorado é ofrecer uns coñecementos para que poidan desempeñar unha profesión na vida; pero a educación lévase ou non se leva da casa.
Os bos hábitos son misión dos pais.
Os bos hábitos apréndense na casa.

Cadaquén na súa casa. Na súa propia casa tanto se esta é grande como pequena, luxosa ou humilde…
A escola é un complemento, pero non o fundamento.

Os pais son únicos, non teñen sustitutos. Non poden delegar a súa misión en ninguén.
Disculpe que me preocupe tanto o tema da boa educación.
Para min é algo fundamental.
Os nenos de hoxe serán os adultos de mañá.
Unha verdade como un templo.

“UNHA VERDADE COMO UN TEMPLO”
Este será o título do seguinte artigo.
Graciñas por terme na súa consideración.

Estou segura que vostede tamé é unha desas persoas preocupadas pola boa educación.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES