Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na procesión e repicando

miércoles, 10 de enero de 2007
Ismael Rego parece perder os papeis cando acusa ós seus compañeiros de viaxe do Bng de “facer oposición pola mañá e goberno pola tarde”. Non di nada sobre o que ocorre de noite, pero a fin de contas, como no conto da ratiña, o traballo nocturno ven ser o de “comer e durmir” e ahí non se dan diferencias.

Ismael Rego non se da conta do difícil que é o traballo do Bng, como moi ben puido comprobarse no Concello de Lugo. Os do Bloque traballaron como galeotes, desempeñando de xeito brillante as tarefas que se lles encomendaron, e ó final foi Orozco o que sen mollarse colleitu tódolos beneficios posibles a xeito de maioría absoluta.

¡Que pode pasar o mesmo en Santiago!, e os galegos entender que quen goberna é o PSOE cos apoios e servidumes dos que teña necesidade. Porque ó común dos galegos non nos chega a guerra interna de poder que hai na Xunta para ver quen asoma máis a cabeza.

O de marcar territorio fano tódalas especies, cada quen coas armas que a natureza lle proporciona. E o Bng como non deixe claro que é diferente da “parte contratante da primeira parte” corre o perigo de ser identificado coa mesma parte.

Que por outra banda, é propio do político o desexo de procesionar e á vez cantar as loubanzas da procesión ou repicar a campá para que se note.

Ismael estase curando en saúde. Pero os do Bng, que non lle van á zaga, atenden espabilados a todo o que se move, e cabe supor que non os van coller de incautos cando coas calendas de maio haxa que aproveitarse do ben feito e distanciarse dos fracasos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES