Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grandes tesouros

jueves, 18 de agosto de 2016
Cando falamos dun tesouro, falamos de algo grandioso, enorme, algo que habitualmente está fóra do noso alcance…

De tal xeito que -en certa medida- sentímonos os grandes desafortunados porque a fortuna deses grandes tesouros cos que nós tanto soñamos, non a vemos por ninguna parte.

Parécenos que afortunados son aquelas persoas agraciadas polos millóns da lotería, aquelas persoas que gañan tanto, as persoas que teñen moita popularidade e outras moitas persoas que saen nos medios de comunicación de masas tódolos días…

É moi probable que nunca nos tocara a lotería dos cartos, pero pode que nos tocara gozar de bo estado de saúde durante longos períodos da nosa vida.
¿É pouco tesouro a saúde?
Pode que nunca cheguemos a ser desas persoas que gañan tanto… ¿E que?
¿O feito de gañar moitos cartos, xa garantiza a felicidade?
Moito me temo, que non.
¿Non é a felicidade un gran tesouro?

Ser feliz non significa ter todo o que se desexa, basta con disfrutar do que se ten sendo como é cada persoa.

Unhas persoas disfrutan pescando, outras xogando cos seus nenos, outras traballando naquela profesión que aman, outras meditando, outras rezando, outras…

Todos podemos alcanza-la felicidade:
-No que facemos con amor.
-Nas preciosidades que vemos ó noso carón.
-Nas palabras cariñosas que oímos das persoas que atopamos no camiño da vida.
-Respirando serenamente ó mesmo tempo que nos aloumiña a brisa mariña.
-Enchendo os nosos alvéolos pulmonares co aire puro da montaña.
-Aloumiñando un neno, unha persoa amada, a nosa mascota preferida, calquera persoa animal, cousa…ou a nós mesmos.

Pode que non sexamos persoas de renome mundial; pero se somos persoas valoradas e apreciadas dentro do círculo no cal desenrolamos a nosa vida cotiá (familia, amistades, vecindario)…
¿Non é máis que suficiente?
¿Hai algo máis grande que sentirse amados polos seres próximos?
¿Non é ese un gran tesouro?

Realmente, realmente, todos temos moitos tesouros ó noso alcance:
-O feito de despertar con vida tódalas mañás despois dunha noite de sono reparador.
-O feito de ver como se asoma o sol por riba das montañas, do mar ou da casa do veciño…
-A auga dóce que calma a nosa sede nos días calurosos. E non digamos se temos a sorte de contemplar a auga pura e cristalina dun manacial ou dunha fonte natural…
-A auga do mar que tanto nos relaxa ós amantes da praia cando podemos disfrutar dunhas merecidas vacacións na costa.
-O perfume dos piñeiros, dos eucaliptos e da variada e multicolor flora para dos amantes da nai natureza.
-A suave brisa que aloumiña a nosa faciana á beira da noite ou á primeira hora da mañá.
-Aquela comida preparada con tanto amor por aquela persoa que tanto amamos, que dá gozo ó noso padal e alimento ó noso organismo.
-Os latidos do noso corazón que traballa incansablemente durante durante toda unha vida.
-Recupera-la saúde despois dunha intervención considerábamos un tanto complicada…
-O anuncio dunha boa noticia, sexa esta da índole que sexa.
-As felicitacións das persoas amadas recibidas polos logros acadados despois de grandes doses de esforzo: un nacemento, unha oposición aprobada, un reencontro esperado ou inesperado despois de moitos anos…
-Unha gran compra desexada durante moito tempo e necesaria para mellora-la nosa calidade de vida: a compra dunha vivenda, dun coche, daquel electrodoméstico que nos facía tanta falta…
-As boas compañías…

¡Son tan importantes as boas compañías!
Son os nosos anxos da garda.

-A amistade.
¡Que dicir da amistade!
Ata a mesma Biblia di que un amigo é un tesouro!
Eu dou fe deso e vostede seguro que tamén.

Os bos amigos non hai cartos no mundo que os paguen.
Son un regalo do ceo.
-Etc, etc

A lista de tesouros sería tan longa que nunca daríamos rematado.

Resumindo:

Sabendo valora-las pequenas -ou non tan pequenas- experiencias da vida cotiá, podemos disfrutar moito se temos un corazón aberto a canto de bo nos proporciona a vida.

Esas experiencias que están ó noso alcane en calquera lugar, a calquera hora do día ou da noite son realmente os tesouros que a vida nos regala.

Son os verdadeiros tesouros que están ó alcance de todos.
Non fai falta ter cartos nin bens materiais para disfrutalas.
Tampouco fai falta ser unha persoa xove; eso si ter un espírito xove e xovial é moi recomendable calquera que sexa a idade.

Non fai falta ser unha persoa do norte nin do sur, nin do este nin do oeste.
Basta con ser:
-Unha boa persoa.
-Unha persoa agradecida.
-Unha persoa alegre.
-Unha persoa vital.
-Unha persoa que vive e convive.
-Unha persoa que vive ela e dá vida ós outros.

Estes tesouros están reservados para persoas de corazón puro como o seu.
Están prohibidos para as persoas cargadas de avaricia, cargadas de rencores, cargadas de mal humor, persoas cheas de envexa, persoas de mal carácter, persoas amargadas…
Afortunadamente abundan as persoas xenerosas, agradecidas, alegres, optimistas, bondadosas, sencillas, serviciais…

Esas persoas son portadoras de verdadeiros tesouros.

Eu estou rodeada dun bo fato delas. Teño moito que agradecer.
Realmente todas as que me rodean son verdadeiros tesouros para min.
Todas me enriquecen.

A súa compañía é moi gratificante, disfruto plenamente con elas porque me dan vida, porque me estiran a alma e fanme esquecer os meus pequenos problemas.
Son unha riqueza incalculable.

A verdadeira riqueza é ser boa persoa e sentirse rodeado de persoas así.

“PERSOAS AS͔
Este será o título do seguinte artigo.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES