Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXXI Feira do Libro de Foz

miércoles, 17 de agosto de 2016
Este xoves, 18 do actual, inaugúrase a FEIRA DO LIBRO DE FOZ na súa XXXI edición.

Iniciábase en 1986 a exitosa andaina anual no eido da promoción da cultura, como é toda iniciativa dirixida a potenciar a lectura porque, como alguén dixo: “non é analfabeto o que non sabe ler, senon o que sabendo, non lé”.

Nacía así o certame focego coa incertidume e as dúbidas de futuro; o temor non era infundado pois, localidades de maior entidade e tradición cultural, non foron quen de mantelas e algunhas sobreviven a trancas e barrancas. Non foi éste o caso que nos ocupa pois, de contado, consolidouse para erixirse na mais prestixosa e lonxeva das que se celebran en vilas e pequenas cidades da nosa terra.

Naquela inauguración fora o pregoeiro un xove Ramón Pernas, recoñecido escritor viveirés, á sazón director da Editorial Espasa Calpe e pronunciaran senllas conferencias Ramón Villares, entón Decano da Facultade de Historia de Santiago, actual presidente do Consello da Cultura Galega do que Alianza Editorial acababa de publicar a súa “Historia de Galicia”; Jorge Víctor Sueiro, redactor-xefe de TVE e gastrónomo que falou da cociña galega; Isaac Díaz Pardo, entón director de Sargadelos, disertando sobre Castelao e a “Guerra Civil”; e o xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo que falou do controvertido Mariscal Pedro Pardo de Cela.

A Feira de 1994 tivera de pregoeiro ó insigne escritor Xosé Neira Vilas, o autor do libro mais lido da literatura galega: “Memorias dun neno labrego”. Ao pouco chegounos carta súa na que, entre outras cousas, decía:”Volvin contento de Foz. Había moita xente na inauguración, firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións. Teño estado este ano en varias feiras e a de Foz foi a mais concurrida, mais incluso que as de Santiago e Ferrol, no acto da cerimonia inaugural. Libros sí firmo bastantes sempre, pero tendo en conta o volumen da vila e a poboación, en realidade foron moitos os que me puxeron diante. Todo, pois moi alentador, moi estimulante, e quería decircho directamente. A experiencia resultou francamente moi boa.

Mais de 30 anos sen faltar a unha cita é todo un record.¿E o futuro?. Coma sempre, unha incógnita.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES