Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Disfrutar co Nadal en Lugo

jueves, 04 de enero de 2007
Eu son feliz no Nadal, en contraposición ós que non gostan del polo que ten de radiografía da nosa ánima. Disfruto destas celebracións, xélidas no exterior, coas súas músicas, os belenes, os adornos, as luces, as árbores… e ata o compulsivo mercar, polo que beneficia ó necesario movemento comercial.

En Lugo, o Concello, este ano botou o resto. Especialmente na Praza Maior, que por algo foi definida como a sala de estar, de recibir; o corazón da cidade.
Os lucenses somos difíciles de contentar, e ben lembro as dificultades de hai anos polo Nadal para instalar música ambiental nas rúas polo moito que molestaba a algúns residentes o volume e os contidos.

Nestas festas hai que ir pola noite ver a fachada noble do pazo do Concello convertida en cascada de luces, e admirar o lumínico decorado vexetal do centro da praza. Haberá a quen non lle goste, pero para min é unha fermosura.

No Nadal, o Concello, ben. E cómpreme dicilo, non para compensar senón porque cando hai algo ben feito merece recoñecemento, do mesmo xeito que cando hai comportamentos impropios hai que criticalos. ¡Feliz aninovo!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES