Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vocacións

viernes, 05 de agosto de 2016
Eu creo que nos meus tempos de neno non se falaba do que un quería ser de maior, quizais porque se supoñía que os nosos destinos laborais estaban marcados de antemán por decisións que nos superaban en tempo e ámbito. Os meus fillos xa se plantearon, e lles planteamos este futurible, e xa non digamos os netos, aínda que neste tempo de incertidume, calquera opción laboral parece unha lotería.

A miña neta maior, Laura, teno claro… Desde moi pequena foi debaténdose entre varias opcións, e todas foron mudando menos a de ser fabricante ou confeccionadora de xeados…que supoño haberá que denominar xeadeira. E os seus xogos na praia vánselle en confeccionar xeados de area, que xa non pretende que ninguén os coma pero revalida unha aspiración moito máis ca laboral, evidenciando unha vocación arraigada. De pouco vale que gañase o seu segundo premio de debuxo a nivel galego, e que ese debuxo o utilizase un Colexio Profesional para felicitar o Nadal. Ela quere ser xeadeira o día de mañán.

Outra das netas, Alicia, tamen está segura do seu desexado futuro… Como ven de pasar por un episodio relacionado coa saúde, ao comezo tíñao moi claro, e tras a primeira visita a urxencias, sabía que no futuro quería ser –tiña que ser- médica. Pero iso pode evolucionar, como puidemos comprobar. Logo de pasar unha semana no Hula, disfrutando como unha tola de clases, ciber, un montón de amigas, enfermeiras – especialmente, Maite-, algunha médica…agora xa está firme na súa determinación. Alicia, o día de mañán, quere ser “Hospital”. Pois queda dito!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES