Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O festival de Pardiñas: a celebración do que é noso

miércoles, 03 de agosto de 2016
Na dinámica labrada polos nosos devanceiros de enxergar tempos ludicos para alternar as tareas do agro e celebracións polos froitos dos seus labores, Xermolos creou fai 37 anos o Festival de Pardiñas. É coma o cumio dun curso no que se estivo soñando e construindo pobo dende a nosa cultura... Todos os festivais teñen unha identidade, uns sinais específicos, emporiso Pardiñas presentase coma Feira e Festa da Música e da Arte, xa que se converte nunha fervenza de todas as artes e nun intercambio de experiencias creativas. As feiras da nosa terra foron sempre encontro e baile para divertirse, cantares de cego e de taberna, a nosa música tradicional, as historias de sucesos e acontecementos, a oportunidade de mercar zocas, instrumentos de percusión, vestimenta..., e todo na liña de arrequecelas con máis festa.

En Pardiñas medra a teima de provocar as e os artistas que todos levamos dentro coa nosa liberdade e singularidade para achegar os nosos recursos creativos, emporiso no festival inza esa harmonía e dignidade que deslumbra fóra. Aínda que adxuntamos os programas deste evento, arestora só quero remarcar que Pardiñas necesita de todas e todos os festivaleiros e que ninguén se sinta ao marxe. Buscamos a interactividade: bailar, saltar, abrazarnos..., enlazar unha cadea que trascenda ao mundo enteiro coa nosa amizade e ledicia, porque Xermolos naceu coma ferramenta para sementar paz, liberdade, igoaldade... A nosa imaxe son esas mulleres e homes que fai anos recibiron lotes de libros da man de Manuel María, Neira Vilas, Pepe Chao, Agustín Fernández Paz..., outras tantas luceciñas que brillan na noite eterna alumeada de Pardiñas.

Dende as nosas raíces voamos ata o extremo oriente ou ás portas do polo norte e escoitaremos no palco a Tadashi Yamamoto que nos vai falar da súa tradución ao xaponés de Memorias dun neno labrego e a Luís Paz, filósofo, que dende Canadá segue a agrandar a Neira Vilas porque os dous o coñeceron no festival do 2012 coma acredita a revista deste ano.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES