Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preparando un mundo mellor

jueves, 28 de julio de 2016
Todos queremos mellorar.
Todos o intentamos.
Todos queremos evolucionar.
Todos estamos nun proceso evolutivo constante.
¿Certo?
Daquela:
¿Por que unhas persoas melloran moito, outras pouco e outras…?
¿Por qué nuns aspectos evolucionamos moito e noutros deixamos moito que desexar?
Os factores que influen na evolución dunha persooa, na evolución dunha familia, na evolución dun país, na evolución do mundo son moi variados.
Cada persoa ten a súa propia evolución persoal e cada país, tamén.
Unha parte da nosa evolución débese a factores externos e outra a factores internos.
Todos somos responsables da nosa propia evolución, pero por lóxica é sobre os adultos, sobre os que recae a maior dose de responsabilidade.
E aínda dentro dos adultos, os pais son os de maior responsabilidade seguidos dos educadores.
Hoxe máis que nunca precisamos pais que -ademais de predicar co exemplo-, saiban xestionar adecuadamente a educación da infancia de hoxe en día porque serán os adultos pasados tan só vinte anos.
Admiro as familias que poñen por encima de todo a educación en valores dos fillos. Sobre todo: a educación en valores.
Certo que hai que traballar para gañarse o pan de cada día, pero sen esquecer o contacto directo e diario coa infancia que precisa tanto do cariño dos proxenitores como do pan material.
Sen o pan material non se desenrolaría físicamente a infancia, pero o cariño, o contacto diario cos proxenitores que guían -con cariño e rigor ó mesmo tempo- os seus primeiros pasos, tampouco poden formarse persoas que constrúan un futuro mellor para todos.
Os pais, os avós, os membros máis próximos da familia non pode ser sustituídos por ninguén.
Un pai que sexa como debe de ser, nunca pode deixar de exercer de pai. Unha nai outro tanto. E os avós tamén están aí en segundo plano para cando sexan necesarios.
Os nenos necesítannos. Necesitan a presenza e o contacto cos maiores encargados da súa crianza e custodia.
Son maioría os proxenitores que se esmeran en deixar ós seus fillos unha situación o mellor posible, para que non pasen as necesidades que pasaron eles; pero…
¿Cantos pensamos en deixarlles un mundo mellor?
¿Cantos pensamos en preparalos para que constrúan un mundo mellor?
Subxectivamente pode que a maioría pero de feito:
¿Cantas veces nos engañamos á hora de educalos?
Por pouco que observemos o ambiente que nos rodea, saltan á vista non poucos casos de carencias básicas á hora de preparar un mundo mellor.
Son moitos os educadores que ven cada día este tipo de carencias:
-Moitas veces porque a familia nin pode nin sabe, aínda que faga o que poida o mellor que saiba.
-Outras porque poden demasiado –economicamente, me refiro- e delegan a educación nas mellores gardeirías, nos mellores colexios e nas mellores universidades tanto de España como do extranxeiro para que os nenos dominen cantas máis linguas, mellor; cantos máis países recorran, mellor; cantas máis culturas coñezan, mellor…
Non hai nada de malo neso, pero a educación en valores é máis e mellor que todo eso.
Ó meu modesto entender: non basta preparalos para recorrer mundo.
De feito son cidadáns do mundo, -como, por outra parte, somos todos-; pero o certo é que moitas veces presumimos de ter moitos coñecementos, coñecer moitos países, ter amistades nos catro puntos cardinais e esquecémonos do veciño que temos ó noso carón.
Moitas veces nin siquiera se coñecen os que viven no mesmo edificio en calquera cidade da nosa xeografía.
E moitas veces incluso se distancian as relacións familiares.
¿É esta unha boa fórmula para favorece-las relación humanas?
¿É esta unha boa maneira de preparar un mundo mellor?
¿Imos deste xeito cara a un mundo máis humano?
As estadísticas dinnos que o mundo está avanzando a pasos axigantados. Eso comprobámolo no mundo da tecnoloxía sobre todo, pero como se explica que:
-Cada día haxa máis violencia.
-Cada día haxa máis inseguridade nas rúas.
-Cada día haxa máis persoas deprimidas.
-Cada día aumente a soidade en persoas de tódalas idades.
-Cada día o profesorado atópase con máis dificultades na aula.
-Cada día que pasa os ricos fanse máis ricos e os pobres máis pobres.
¿Cómo se entende eso?
Con todo, hai persoas moi conscientes das necesidades do entorno:
-Persoas de bo corazón.
-Persoas moi humanas.
-Persoas excelentes.
“PERSOAS EXCELENTES”
“Persoas excelentes” será o título do seguinte artigo, porque haber hainas.
Moitas grazas por ter a ben ler estas reflexións miñas que interpelan a moitas persoas que facemos canto podemos por construír un mundo mellor.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES