Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O demo que levamos dentro

lunes, 25 de julio de 2016
Acabouse o que se daba. As miñas vacacións. Aínda que o de vacacións é un dicir. En tal caso, comentar que esta semana pasada foi a única na que non me acheguei ningún día á viña para fochicar nela (se exceptuamos o sábado, claro, pois ir os sábados é lei de vida). Pero o venres tiven que pintar unha habitación, e o de pintar si é quizais o traballo que máis odio nesta vida, máis polo detalle de preparar a habitación que polo propio traballo da brocha. Cando pinto ata chego a cantar aquilo de “pintooor, que pintas con amooor”; pero baleirar a habitación e tapar aquelas cousas ás que non queres que se lle toquen, iso é o que me tira pola borda as ansias de facer algo útil. Total, que de vacacións, de vacacións... agora, a partir de mañá si empezan as miñas auténticas vacacións.

Aínda que, se o pensas friamente, o ser humano non necesita vacacións, non debería ter vacacións. Por non necesitar non necesita nin tan sequera mágoa ningunha. Mentalmente estamos podres, chocos, pútridos. Non valemos para nada. Tan só para o malo. Mirade, estamos cheos de ladróns e de asasinos; ben co método terrorista, ben co método porque lle dá a gana, ben co método porque se lle cruzaron os cables, ben co método xenófobo.

Ultimamente hai mortes a darlle cun sacho en atentados, loucuras, maldades. Creo que aínda que nos confinaran á máis absoluta soidade, non sei, pero creo que nos matariamos a nós mesmos. Somos retorcidos de carallo. Falamos moito das bondades, dos sorrisos, das boas accións, pero o demo que levamos dentro sempre sae a flote. Sempre. Se traballaramos a esgalla non teriamos tempo de matar. Así é que... fóra vacacións!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES