Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As rendas da vida e as rendas da morte

miércoles, 27 de julio de 2016
Causoume impacto coñecer a derradeira carta de Antonio Aramayona, publicada no Huffington Post. Sen un motivo aparente decide rematar coa súa vida argumentando que está na súa plenitude e que unha vez acadados os seus obxectivos non quere ver a súa propia decadencia. Esta posición lévame a facer varias reflexións e en ningunha delas teño intención de xulgar a Aramayona.

En primeiro lugar, a vida desenvólvese cando se crea un sentido da mesma que nos leva a construír o noso propio camiño, por iso antes de xulgar un suicidio ou unha petición de eutanasia debemos pensar qué fixo o entorno desa persoa e a sociedade en xeral para que reclame a fin da vida.

En segundo lugar, queirámolo ou non, o suicidio é a única liberdade implacable que ningún réxime autoritario foi quen de reprimir; tendo en conta isto, negarlla a quen non pode exercela semella unha inmoralidade.
En terceiro lugar, se non cremos lexítimo o suicidio debemos poñer todo da nosa parte para construír un sistema de benestar que lle asegure a toda persoa o acceso á propia plenitude.

En cuarto lugar, e concordando co anterior, debemos asegurar un determinado nivel de vida a toda a cidadanía, garantindo o seu benestar tendo en conta a situación específica de cadaquén.

En quinto lugar, se cremos que o ser humano é nado ceibe e a súa propia natureza esixe liberdade e créndoo, ademais, capaz de decidir o seu futuro, este futuro é extensible ata a propia morte.

É curioso cómo historicamente as persoas tivemos sempre as rendas da morte e vímonos obrigadas a loitar polas rendas da propia vida. Agora que no noso país temos as da propia vida, comezamos a cavilar se é lexítimo ter as das propia morte. Non en tanto nunca pensamos no dito anteriormente: quitarse a vida é a liberdade suprema do ser humano, máis alá de consideracións relixiosas, morais ou ideolóxicas. Pensemos tamén que calquera persoa cun mínimo de mobilidade ten a capacidade de artellar o seu propio destino final.

De tal modo, a morte é un fenómeno tremendamente accesible que dalgunha maneira indica que podemos prohibirlle ao ser humano vivir ao seu xeito pero case nunca poderemos evitar que colla a saída propia morte.

Os líderes autoritarios da humanidade teñen na morte o seu gran fracaso porque nunca a morte rachou unha vontade firme. Igual de absurdo é condenar a vivir porque no fondo, na vida e na morte, agroman eternas as esencias do carácter ceibe que compartimos os seres humanos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES