Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preparados, mais non competentes

jueves, 21 de julio de 2016
A ver se o ego, o “eu”, as actitudes narcisistas, perden vigor e se esvaecen e se ven ridículas adobándoas cunha pouca de salsa científica da mecánica cuántica. Porque hai que buscar a maneira de combater os nefastos HORIZONTES DE PERTENZA que alimentan, moitas veces nos comportamentos, as nosas non menos daniñas ilusións, levándonos a confundilos cos “horizontes de convivencia”, aqueles nos que caben os comportamentos interactivos de diversas experiencias, xerando novos patróns de conduta.

Dentro das limitacións intelectuais coas que me queira adxectivar cada lector, que modestamente acepto, permítanme que exprese nesta colaboración unha idea que me persigue: o inconsecuentes que adoitamos ser cando admiramos os avances científicos e os abrazamos gustosos; pero estremamos, o mesmo tempo, o coidado de que non se nos alteren os patróns culturais e de conduta. No caso da ciencia por excelencia, a física, o modelo clásico; nas funcións sociais, os ideolóxicos: determinismo, todo é sempre a suma das súas partes, estrita racionalidade e independencia do suxeito que observa os obxectos reais, entendidos nun espazo e nun tempo; no social. o evanxeo ideolóxico.

Sabido é que Einstein introduce a relatividade, a interdependencia das partes, o continuum espazo–tempo, un novo concepto da gravidade, etc. Pero recordemos do bacharelato que as radiacións da luz, por exemplo, se emiten mediante paquetes de enerxía (que chamamos CUANTOS), que poden estar en máis dun lugar ao mesmo tempo, manifestándose como ONDAS , que, segundo os científicos, cando os observamos, aparécensenos como partículas (indeterminación). Deixemos en simples mencións todo iso dos fractais, hologramas, quarks, buracos negros, anti–partículas, etc.; pero non perdamos de vista que teñen funcións moi interesantes, e, cando menos, recoñezamos o pouco que sabemos: Sirvan, pois, de antídoto para arrogancia intelectual!.

Pero estas estruturas permítennos destacar aquí a EXISTENCIA DE VARIAS POSIBILIDADES, sobre todo tendo en conta que a enerxía constitúe a esencia da realidade, e todo está dalgún modo afectado por todo o demais, está en estreita interdependencia e incluso nosoutros mesmos influímos nos fenómenos que observamos, e o todo é máis que a suma das partes, por iso non se poden formar xuízos adecuados sobre obxectos independentes, posto que non teñen realidade illada: Ollo para os despropósitos individualistas!.

E mentres no modelo clásico o CAOS atribuímolo a CASUALIDADE (non causalidade), hoxe sabemos que os sistemas caóticos ocultan certos patróns, é dicir, infinidades de posibilidades. E isto faimos pensar ATA ONDE PODEMOS INTEGRAR ISTO NA SOCIEDADE, considerando que a súa “complexidade” é unha dimensión esencial dela, se non a confundimos coa “complicación”, á que a levamos a veces nosoutros mesmos.

Xurde, pois, unha pregunta: Por que o home perde tanto tempo atrancando as solucións na sociedade na que vive, en vez de dedicalo, coa súa sabedoría, en clarificar e seleccionar as posibilidades que lle ofrece a complexidade?. A min antóllaseme que nos nosos tempos, pese a indiscutible preparación que temos, vai estendéndose un preocupante manto de incompetencia. Explícome: O home PREPARADO está simplemente disposto para prestar servizos, mentres que o COMPETENTE conta coa pericia e idoneidade para facer algo, que non ten máis vinculación co seu EGO que a real (a referida interdependencia), non a derivada da mera ilusión: A primeira, deixa pegadas na realidade, neste caso na social, e resulta de proveito polo que aporta; a segunda, devén completamente irreal e fantasiosa, porque carece de sentido pola súa situación nun modelo da realidade superado ontoloxicamente e perturba a convivencia na sociedade (caudillismo en calquera das versións, incluída a partidista).

Cando leo artigos de destacados xornalistas e intelectuais “de talla” que, implícita ou explicitamente, denuncian nos nosos políticos unha lamentable incompetencia, eu quixera levalos a esta semántica, porque resulta demasiado incomprensible para o meu caletre xulgar como persoas tan preparadas poden ser tan incompetentes e inconsecuentes. Aínda máis: véxome estrañado de que se presenten ante uns cidadáns – ós que están prexudicando con arrogancia e sobrado descaro! – con facianas inocentes e actitudes de salva–patrias, dende unha respectable preparación, convertendo o horizonte da convivencia” no da súa “pertenza”.

Habitual, non obstante, no sector da sociedade que da os primeiros pasos nos quefaceres políticos, incluso, ridiculizando as institucións públicas con picarescas banalidades.

Así o acusa xa Aristóteles na Retórica, cando escribe que os novos teñen conceptos exaltados, porque non foron humillados pola vida e non aprenderon as súas limitacións inevitables; ademais, a súa disposición esperanzada identifícaos coas cousas grandes: Cren sabelo todo e sempre están moi seguros deles mesmos, unha actitude que os leva a excederse. Pero están preparados.

Polo contrario, os que viviron moitos anos e loitaron na experiencia do engano, cometendo non poucos erros, non están seguros de nada e por isto FAN MENOS DO NECESARIO EN TODO, porque “pensan” e “recean”; pero son competentes. De aquí que a sociedade necesite do impulso da preparación controlado polo receo da competencia.

Velaquí unha constante esixencia na dinámica política que, cando se omite, incoa convulsións que se apelidan como PROGRESO ou CAMBIO, por uns, ou como NEFASTAS REVOLUCIÓNS, por outros, saltándose a interdependencia que reina na realidade, da que non é excepción a social polo mero feito de ser creada nun contexto de liberdade que dignifica ao home.

Ata onde, en España, na actualidade, estamos sendo laboratorio de ensaio dos despropósitos apuntados?.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES