Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentidiño co que se escribe

lunes, 18 de julio de 2016
Recuncho Hebdomadario:
Sentidiño co que se escribe

Sentidiño co que se escribeO expresidente da Comisión Europea Durao Barroso fichou polo banco Goldman Sachs e semella que cobrará uns cinco millóns de euros ó ano. Completamente legal. Pero tamén seica cobrará 18.000 euros ó mes de pensión vitalicia por ser o que foi. Vale. O perruqueiro do presidente francés François Hollande cobra 9.895 euros ó mes por coidarlle o pouco pelo que ten este. Vale. Agora ben, ante isto (e dicide a verdade), non vos dá por dicir ou publicar barbaridades que, segundo uns, quedaríanse curtas e, segundo outros, tería o seu delito. Eu, agora mesmo, é que estou botando pestes que non podo reproducir aquí porque, entón, a fiscalía encarceraríame, pero xa! Iso é o que lles está pasando a aqueles que subiron o seu ton sobre os toureiros ou sobre certos políticos que merecen algo máis que eses insultos ou que eses desexos. Mais estamos nun país que coida ó ladrón e enchirona ó pobre infeliz. Estase demostrando que cada vez hai que ter máis coidadiño co que se di e máis sentidiño co que se escribe. Non vai ser que... A pesar de que moitas veces se demostra que tal ou cal é ladrón ou asasino, non se lle pode chamar nin ladrón nin asasino.

Loito polo atentado de Niza. Durante... unha semana, quince días, un mes? Canto tempo se estivo de loito, por exemplo, nos atentados de Ankara de outubro de 2015 e febreiro de 2016? Cantas páxinas ocuparon nos xornais uns e outros? Cantas cadeas televisivas interromperon as súas emisións. Non che é o mesmo uns mortos dunha cultura, dunha civilización que os da outra. Que va!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES