Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 14 de julio de 2016
Ir á malla e vir mallada

Pingas de OrballoValentina Forte Subiela tenta enganar ó seu home Eifonso Cadayo Libretas dicíndolle que marcha a ver á súa irmá Xacinta, pero onde realmente quere ir é á burga de Baños de Molgas para parolar coas súas veciñas e facer algo así como un “sálvame” universal. O seu home, ó principio, creu que era verdade, pero cando regresou e lle viu aquel sorriso nos beizos, soubo que non estivera coa súa cuñada Xacinta, pois cada vez que viña de xunto a ela chegaba á casa cabreada. Por discrepancias familiares. Así é que Valentina Forte Subiela foi á malla e veu mallada. Adoita suceder. Mellor fora que lle dixera que ía ó “sálvame”. Aínda que a Eifonso Cadayo dáballe igual. Como dicía el mesmo: en asuntos de mulleres non me meto. E nos da súa menos. E non se metía. Pero dicir, díxollo: fuches á malla e viñeches mallada. Que dis, oh, se a min non me mallou ninguén. Ti vesme algunha mazadura, algún negrón? Ás veces Valentina era inocente. Ou facíase a inocente. Vai ti saber! Ela mesmo recoñecía que facía e desfacía ó seu antollo. Pero fóra desas mentiras piadosas, desas mallas, a súa vida, a dos dous, era como unha balsa de aceite, como auga mansa.

Os carreiros da inocencia

Teño medo de parir ansiedades de xoguetes brancos ou de tolear con rodas vellas de muíños. Cada camiño que leva pola escura sombra dun soño é como un niño de pardal sen ovos. Ou sen paxaros. Quen puidera mollar hoxe un cacho de boroa nunha cunca de leite quente! Ou migala nun prato de caldo para que absorba a graxa do unto. Teño medo de chorar pingas de orballo nun amencer de xeada. Quedaríanme conxeladas. É moito mellor rir a cachón con catro versos mal escritos e unha novela barata. Non todos sabemos escribir no latexo sinfónico dunha arca de pantrigo. Na que se gardaban os recordos dun tempo perdido. Ou non. Quen sabe o que é perder o tempo? Quen sabe aliñar os versos daquelas mañás no Medo? Que tempos! Ninguén quere pagar o prezo daquel vivir sen vivir no inferno.Pingas de Orballo
Teño medo dunhas pegadas que marcan as corredoiras da vida ou os carreiros da inocencia. Quen se atreverá a tirar a primeira pedra? Nin tan sequera o suspiro dunha fotocopia é quen de rosmar polo escrito orixinal. Chega con dicir que a semente dun recordo será o froito dunha realidade que alguén ten que escribir. Quen a escribirá? Nin o ruxerruxe duns parágrafos espertarán ó soño durmido dun conto que ó mellor non ten final feliz. Os carreiros da inocencia van e veñen polas leiras da nostalxia e polos montes da inercia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES