Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do mito ao estigma. A construción da exclusión

miércoles, 13 de julio de 2016
Lendo un artigo de Rocío Núñez no seu blog de La Voz de Galicia titulado "10 Mitos sobre las enfermedades mentales", o cal recomendo aos lectores, venme á mente a seguinte reflexión: cal é o proceso ideolóxico que leva a unha persoa ou colectivo a ser excluído?
En primeiro lugar sempre temos un mito, é dicir, unha lenda que se garda no imaxinario colectivo e que pouco a pouco se vai deformando ata xerar un prexuízo cara determinadas persoas.

Despois ese imaxinario vaise nutrindo de testemuñas que o corroboran pero que sempre lle pasaron a un parente da nai dun amigo dun veciño de quen o conta, é dicir, o transmisor marca distancia coa propia historia dándolle ao mesmo tempo total veracidade. Por outra parte a historia constrúese como unha xustificación do medo que quere infundir e xa temos o prexuízo medio montado.

Para rematar cómpre inventar unha serie de historias satélites que veñan a apoiar o cerne do relato principal. Con isto temos material suficiente para estigmatizar unha persoa e, xa postos, por qué non ampliar o prexuízo ao colectivo que lle é propio. Nesta bola de medo e ignorancia técese a exclusión coma un sistema de protección contra un inimigo inexistente. É tremendamente sinxelo cando non aceptamos que poida haber distintas formas de enfocar a vida e cando nos cremos os mellores sendo incapaces de ver os propios erros.

Eliminar estigmas achegándose á diferenza contribúe a identificarnos na cor da humanidade para recoñecer o noso potencial creativo ilimitado. Concretamente temos moito que aprender das persoas con enfermidades mentais que loitan o dobre para conseguir a metade.

Quen constrúe exclusión e estigmas ancorados en mitos non fai outra cousa que enredarse nas teas da súa propia ignorancia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES