Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As raíces da envexa

miércoles, 06 de julio de 2016
Sabían vostedes que Leonardo da Vinci foi anónimamente acusado de sodomía cando contaba con tan só 24 anos? Imaxinen a gravidade de dita acusación na Florencia de finais do século XV, onde a pena oficial para este delito era ser queimado vivo. Afortunadamente no xuízo contra o gran xenio do Renacemento non se presentou ningunha proba válida e os cargos foron finalmente retirados, mais un estremécese tan só de pensar no que tería acontecido se aquela acusación chega a prosperar. A carreira dunha das mentes máis brillantes da historia ameazada por un dos maiores males do ser humano: a envexa. O certo é que ese mal parece acompañarnos dende que o home é home, motivo polo cal debemos aceptar que é normal que todos caiamos, de cando en vez, na trampa de envexar o que non temos.

O problema xorde cando este mal se perpetúa e a persoa se converte en envidiosa crónica. Cando isto ocorre a persoa é vítima dunha forma de relacionarse co mundo enfermiza que a contaxia dunha certa amargura. Pero a que se debe dita amargura? Quizais a mellor resposta a esta cuestión estea na definición que Tomás de Aquino facía da envexa, quen a explicaba como a “tristeza do ben de outro”. Ese é probablemente o maior erro do envexoso, a constante comparación cos demais, comparación insana e que a miúdo lle fai sentirse frustrado. Así, en lugar de ver o talento ou as virtudes das persoas que o rodean dun xeito positivo, coma un espello no que mirarse, o envexoso percibe esta circunstancia coma unha ameaza, un desafío para o seu status; coma se o brillo alleo fose escurecer o seu propio. A envexa aliméntase tamén de certo grado de insatisfacción cun mesmo. A persoa non está contenta coas súas propias habilidades, os logros acadados… e en lugar de mover ficha e intentar modificar o que estea na súa man para cambiar esta situación prefire enganarse a si mesma proxectando esa frustación sobre as persoas que a rodean e que, segundo o seu punto de vista, posúen máis do que merecen.

Por raro que poida parecer un envidioso crónico non sempre é fácil de detectar, xa que aparece e desaparece coma o Guadiana, dependendo da súa habilidade para agochar o problema. Pero tarde ou temprano acaba manifestándose, ben sexa a través dun comentario, un simple xesto, ou unha serie de accións que denotan a presenza deste rasgo. Con cada un destes momentos de “revelación” o envexoso afasta un pouco máis ás persoas que o rodean, aumentando así a súa soidade.

Ante a irremediable presenza de persoas envexosas ao noso redor semella que a postura máis intelixente para os demais é a de intentar alexarse ou esquivar da mellor forma posible a este tipo de persoas, alomenos ata que se desprendan da pesada lousa que arrastran.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES