Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A imaxe da banca

miércoles, 20 de diciembre de 2006
Hai institucións que están pedindo urxentemente unha operación de posta a punto informativa. Algunhas oficiais, outras privadas.

As oficiais van despertando e concienciándose de que, ou saben falar da súa existencia e contar o que están facendo, ou están ameazadas de morte e acabarán desaparecendo.

As privadas, andando polo medio o tema da rendibilidade, aprenderán máis axiña ou máis tarde que teñen que abrirse ó exterior e contaxiar do espíritu que os anima ó público cliente presente ou posible.

Destaca por riba de todo tipo de entidades o conxunto da banca que forma para o público un sector ó que se acode por necesidade pero nunca comprendido e xa non digamos querido.

Ven de detectarse unha nova estafa a bancos, en Pontevedra e A Coruña, como de cando en cando en calquera punto do País, e estas novas recíbense entre o público cunha mestura de incredulidade e desinterese. Incredulidade, porque polo rigor con que os bancos tratan á súa clientela parece imposible que poidan ser estafados. Desinterese, porque ninguén toma como propio o problema de alguén tan manifestamente poderoso.

E sen embargo os bancos son imprescindibles para o sistema económico dun país moderno, factor de progreso, elementos indispensables para equilibrar aforro e investimentos no entramado socio-económico no que estamos inmersos.

Alguén debería informar ó gran público como funciona este sistema, como se recolle o aforro popular, como se inviste e como se entrega en créditos para o investimento e o consumo, resultando os bancos ser puros intermediarios traballando a comisión por elevada que esta sexa.

Pola súa importancia social, a banca merece ser coñecida e respectada. Pero só ó conxunto dos bancos, e a cada un en particular, lles corresponde gañarse ó público aportando información que non pode restrinxirse ós rendementos obtidos, ó posto alcanzado na escala nacional, ou á apertura dunha nova oficina.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES