Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tortilla da festa

jueves, 30 de junio de 2016
Houbo una vez un sitio, un máis, no que case nunca había máis festas cas nacionais e estas tiñan que rematar con día e estaban moi controladas pra que non se producisen desorde, xa que a orde pública era un dos principais valores dos que presumía o home que manda. Este, coma case todos os homes de baixa estatura, case nunca sorría un público. Semellaba como se levara loito permanente. Tamén é certo que tivo que abrirse paso por entre moitos mortos, tanto dos que simpatizaban ou foran obrigados a simpatizar con el e a súa causa, coma dos outros. Foron moitos mortos, moitos, aínda hoxe despois de setenta e pico anos non se sabe ben cantos foron; debido a que nun primeiro momento escriben a historia oficial, ó seu xeito, os vencedores, mentres o vencidos a esriben, tamén ó seu xeito, na clandestinidade. Pasado o tempo a historia dos vencidos tamén chega ser oficial e moitos coma min non sabemos a ciencia certa a que aternos, a non ser que sacrifiquemos a obxectividade en aras do apaixoamento.

Os que lle axudaban a mandar a aquel home, non elixidos, senón designados, tampouco rían diante del nin o animaban a feceren máis festas ca as que entre todos eles acordaban, sen contar co pobo, porque o pobo só tiña que celebrar os logros que se lle ditaban de riba pra baixo e nunca á inversa.

Chegoulle a hora a aquel home e moitos chorárono e mandárono directamente pró ceo sen purgación, mentres que outros non lle deron opción a purgación e sepultárono no máis profundo dos infernos. Eu niso, nin fu, nin fa. Encóllome de ombros, porque as cousa do máis alá non me incumben ata o punto de que poida gobernalas. Penso que están en boas mans.

Sucedeuno, conforme á Lei de Sucesión, un mozo elegante e ben formado de trinta e tantos anos, proposto, en vida, polo defunto. A cousa foi indo con bastante xeito a pesar de non poucas dificultades e moitas señardades do pasado ata que, despois de facerlle coa debida solemnidade o segundo cabodano, nun mausoleo faraónico, a aquel home tan serio e ta pouco amigo de festas, decidiuse facer una festa barbarísima o ano 1977. Festa que algúns levaban agardando e preparando desde o mes de febreiro do 1936. Houbo infinidade de invitadores á festa, debidamente acreditados en enmarcados en formación políticas de dereitas, de esquerda e sobre todo de cetro.

En toda festa que se prece tén que haber algún diferente á mesa e por unanimidade pensouse que prá ocasión o menú ideal era una xigantesca tortilla española de patacas, hovos, aceite, cebola e sal.

Algúns dos invitadores e dos cabezapensantes que viñan de vello parece que se chamaban a dúas racións por méritos adquiridos, pero daquela alguén escribiu literalmente:
“A min moito me aledaría que houbese festa e tortilla e que esta estivese ben repartida. Que houbese abonda pra todos e que puidesen recuncar sobre todo aqueles que levan pasado tanta necesidade dela. Que fose cociñada por partes ó gusto dos paladares dos homes de cada zona, que non teñen o mesmo paladar as xentes de terras secas que as de terras húmidas. E que puidésemos ir á festa todos xuntos, collidos das mans, bailando muiñeiras, botando aturuxos e mirándonos ós ollos con limpeza. Esa si que sería una boa festa, o máis son contos”

O autor dese párrafo foi este servidor, e foi escrito o ano 1977 e publicado en Parábolas Chairegas o 1981.

Sesde logo, vese que non son profeta na miña terra nin noutras, se acaso un inspirado por iso tan “trasnoitado” como é o Evanxeo, e despois do 20J, aínda se ve máis claramente que lonxe estaba da realidade no 1977. Canto tempo levará acordar despois do 20J do 2016 como se repartirá a tortilla que aínda non nos ten embargada Bruxelas, se é que non está embargada toda? Como vai haber tortilla pra todos con tantos ladróns dos seus ingredientes? Como vai chegar a tortilla pra tantos?
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES