Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Qué celebran?

jueves, 30 de junio de 2016
Non sei se o dixo alguén, pero, por se non o dixo ninguén, dígoo eu. Cada celebración dunha victoria, por máis prudente e coidadosa que sexa, sempre conleva un agravio contra o rival. E isto vale tanto para un chinchimoni como para un partido da selección, para unha partida de cartas nun bar como para calquera deporte individual. E, polo tanto, tamén vale para unhas eleccións.

Sei que, coma tantas outras veces, non vai ser esta unha opinión maioritaria e que boga a contracorrente, porque tamén acontece sempre que en momentos determinados das nosas vidas somos posuídos por razóns do corazón que nin a propia razón entende.

E dado que a miña opinión camiña por esta estreita verea, debo dicir que sempre me xerou -digamos- incomodidade ver celebrar unha victoria electoral en espazos públicos polos que, no mesmo intre no que se está a desenvolver a festa, poden estar pasando xentes seareiras doutras moitas opcións políticas.

Neste contexto foi no que (teño a sensación de que aquí si que coincido con Mariano Rajoy) nantronte pola noite sentinme certamente incómodo ó ver a sucesión de absurdos cánticos de rima fácil e as consignas planfletarias desafinadas a coro dende rúa, mentres uns desinhibidos -e desinhibidas- dirixentes do partido facían literalmente o parvo, ata o punto de gravaren o que estaba sucedendo coa cámara dianteira do móbil, que é a quen ten menos calidade.

E isto foi tan así que (témome que igual ca Rajoy) nun momento determinado pregunteime a min mesmo: Que celebran? Que chegaron a Marte? Que acababan de descubriren a penicilina? Ou, que mandaran tapizar as 350 cadeiras do hemiciclo de cor azul?

Estaban realmente celebrando iso ou, pola contra, celebraban que a partir de hoxe mesmo o seu líder (ese que comezou dicindo, malia que logo freou, que ía ser o discurso máis difícil da súa vida) ía ter que facerlle fronte á inmensa responsabilidade de botar o futuro de 46 millóns de concidadáns -que non son quen de calcular canto pesa- sobre o seu ombreiro co fin de saír el e sacarnos a todos nós, desta?

Que celebraban? Pregunto. A consecución dunha secretaría do ministerio? O ascenso de bedel a subalterno? Que...?

E estas consideracións, que agora teñen que ver coa rúa Génova, valen tamén para outras nas que o "jolgorio" tiña sede en Ferraz. E así, en cadea, no resto das sedes de tódolos partidos e formacións políticas.

Por iso que, feitos estes "considerandos" e dado que, si ou si, a lei electoral ten que mudar substancialmente, eu atrévome a facer unha proposta: Que se anule a absurda xornada de reflexión e no seu lugar prohiban a celebración pública das victorias electorais, que para iso (coma nas festas familiares) hai salóns-teatros, hoteis, pavillóns e discotecas.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES