Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 30 de junio de 2016
Sigamos sendo Pailáns

Vale. Xa está. España quedou eliminada da Eurocopa. E que? Ós que nos gusta o fútbol seguiremos vendo fútbol. Merece a pena. Chéganme dous partidos para comulgar con este deporte. O de Bélxica-Hungría e o de Italia-España. Vendo a Bélxica e vendo a Italia. A ver, mordes as uñas vendo a impotencia de España e desexando que gane, pero ante o xogo dos espaguetis, polo menos no primeiro tempo, non queda outra que darlle grazas a Deus por non meternos máis. Que forma de xogar! Xogaban tan ben que ata te alegrabas de que xogaran ben. Polo menos eu. E seguía querendo que pasase España, incluso de chorra.Pingas de Orballo
Nada. Tranquilos. Aquí paz e despois gloria. Aínda que a gloria española... vai ti saber cando volverá. Ó mellor xa nin a recordarei. Digo gloria porque os seguintes partidos que boten por aberto, e se non hai ningún inconveniente, este paisa porase unha vez máis diante da televisión para ver a 22 tíos correndo detrás dun balón. Si, ese chamado deporte de masas no que os intelectuais seica non teñen cabida. Seica non. Non procede ler un libro ou asistir ó teatro ou ó cine ou a un museo se tes a pouca intelixencia de ver fútbol. É igual, sigamos sendo pailáns, pero gozando co fútbol dos oito equipos que quedan na Eurocopa. Malo será que non vexamos algún que outro partido bo.

Os ovos da rula

No primeiro día das vacacións madrugamos para marchar á Costa da Gándara a baixar nas vides, e atar, e quitarlle os fillos, e arrincarlle algunha que outra herba. Madrugamos porque sabiamos que, logo, o patrón da nosa galaxia faría das súas. E tanto! Aínda non eran as doce do mediodía cando vin como unha rula puña o seu par de ovos e en menos que canta un galo xa oín e vin como se fritían. Manda truco en Baños de Molgas!, como o digo! A min xa me picaban as costas. Menos mal que pasei a mañá baixo a influencia da música que teño gardada no móbil. Se non fora pola música eu morrería de aburrimento na Costa da Gándara. Pingas de OrballoRecoñezo que os traballos da viña non son aqueles traballos brutos da miña infancia e xuventude: arar coa vertedera ou con calquera outro arado da época, rozar con fouciños que pesaban máis ca min, segar con gadañas que abarcaban uns cabañóns que tiraban do peito, cavar no millo ou nas patacas cos sachos pesados e cos mangos mal feitos. Pero os da viña son moi monótonos e moi lentos. Mátanme dos pés. Aínda llo dixen o outro día á muller e ós sogros: prefiro limpar co fouciño os balados que arrodean a finca (terei que facelo) antes que enramar ou atar. Incluso prefiro sulfatar. Sulfatando, ando. Atando e enramando: dou un paso, quedo quieto; dou outro paso, quedo quieto. Sufro dos pés. Ó que ía: que vendo os ovos da rula dixémonos: que se asen os paxariños. E marchamos. Pola tarde xa nin fomos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES