Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encerrados na nosa escravitude

martes, 28 de junio de 2016
Recuncho Hebdomadario:
Encerrados na nosa escravitude

Encerrados na nosa escravitudeÓ mellor, cando saian publicadas estas liñas, seguimos, politicamente, como estabamos, é dicir, sen que ninguén nos goberne asta que pacten uns cos outros. Cando as escribín, o típico: farto de tanta campaña electoral na que se dixo, se berrou e se prometeu, para que? Para estar como hai meses? Para estar coma sempre? Ou sexa, para que os pombos traballemos para os corruptos.

Ó mellor, cando saia publicado este recuncho, a selección española de fútbol pode estar a tan só unhas horas de facer as maletas e virse para España ou para izala (á selección), unha vez máis, ó pedestal das grandes heroicidades. No noso país nunca houbo termo medio. Nunca. Real Madrid ou Barcelona. PP ou PSOE. Heroe ou infame. Cando lle ganamos a Turquía, unha marabilla!. Ó perder contra Croacia, uns vendidos! Ó principio, De Gea tiña que empezar, xa!, a relevar a Casillas. Logo do de Croacia, maldita sexa a súa estampa! Cando Sergio Ramos marcou aquel penalti ó estilo Panenka, un fenómeno!. Cando fallou contra Croacia, que carallo pintaba el co balón nas mans! Aquí axiña buscamos un culpable, só un. Neste caso, a política é distinta: moitos culpables e ningún condenado. Para que? Se para isto chegamos os pombos. Os pombos vivimos encerrados na nosa escravitude.
Encerrados na nosa escravitude
Ó mellor, cando saian estas liñas, un servidor anda pola Costa da Gándara baixando nas ramas das vides ou atando ou esfollando; porque hai pombos que teñen que adiantar as vacacións para coidar do froito que chegará ás mans dos listos, sen que estes levaran a cabo ningún esforzo. Así é que, a traballar, paisano!, para que uns vivan á costa dos outros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES