Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Fútbol Feminino

martes, 28 de junio de 2016
Foi o día 13 de xuño de 1971 -hai 45 anos- cando por vez primeira na historia se xogou na vila un partido de fútbol entre dous equipos alineados por mulleres. Os nomes dos conxuntos eran Rácing do Mostrador e Sporting da Agulla, alusivos às ocupacións maioritarias das mozas deportistas; formacións improvisadas para enfrontalas no Estadio Martínez Otero e a recadación destinala a beneficio das festas de San Lourenzo, que eran tempos nos que se necesitaba activar a imaxinación para ir sumando pesetas ós poucos…

O escenario do encontro rexistrara un cheo no que fixera o saque de honra o orondo Pedro Tapia, “o rulero”, ex xogador, ó que lembramos na nosa adolescencia como un gardameta difícil de bater, de felina axilidade, cuxa fisonomía experimentara unha apreciable metamorfose que o fixo partícipe, con tódolos merecementos, naquel concurso de gordos que o mesmo ano se organizou con idéntico fin recaudatorio e que fora retransmitido en diferido por TVE. Ambos números, polo que tiñan de novidosos, foran senllos éxitos. O que suscribe era o presidente da Comisión de Festas.

En canto ó partido de fútbol a piques estivera de frustarse: alguen, cuxo nome omitimos, en actitude difícilmente entendible, pretendera boicotear o mesmo facendo ver a algúns pais a “deshonra” que para as fillas significaba saltaren ó campo vestidas de futbolistas (hai que retroceder medio século e considerar que nunca tal se vira…). Alguén advertiunos do que estaba a pasar: chegado o momento catro ou cinco xogadoras ían faltar á cita por prohibición dos pais. Visitamos a éstes na súas casas e resultou doado convencelos do erro. Creron en nós, e foi un dos grandes días vividos no Martinez Otero.

Fora árbitro da contenda Tito da Fábrica que para a ocasión, para contraste, se vestira de muller. No Racing do Mostrador, con Milucho de Simón de adestrador, alineaban: Maruja do banqueiro;Susa de Fito; Lupe de Cosme; Loli da Tata; Mari Echevarría; Iselda; Dulce M. Martínez; Aurora Oroza; M. Carmen Anlló e Loli de Simón.

Pola súa banda as da Agulla, adestradas por Arturo da Peala: Marita da Pecherena; M. Carmen Fraga; Xexé; Clara da Sanchona; Azucena ; Ana M. de Adela; Amalia e M. Luisa Maldonado. Gañaran 1-0 as primeiras e recollera o trofeo de mans do presidente a capitana Lupe de Cosme.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES