Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canto máis..., tanto menos...

jueves, 23 de junio de 2016
Sen determe a consultar, quero lembrar que Santa Teresa dixo algo así como que as menciñas tiñan que adozarse para tomalas, e, extrapolando isto á vida, podemos concluír que as amarguras que nos ofrece convén afrontalas dende a perspectiva menos desagradable: As intuicións místicas, enraizadas no máis profundo da intimidade da persoa, parece que abren horizontes de comprensión que esquivan os complexos razoamentos matemáticos, e ofrecen SABERES dun calado existencial sorprendente. E segundo os neurocientíficos, ata teñen un asento reservado as experiencias destes saberes na rede neuronal do noso cerebro. (Consulten, se desexan documentarse, os traballos de investigación do neurólogo Andrew B. Newberg).

Sen dúbida, algunha verdade de todo isto latexa no inconsciente colectivo, porque os físicos considerados como máis prestixiosos están empeñados en integrar todas as teorías nunha intuición teórica, explicando os diversos fenómenos do Universo mediante a que chaman “Teoría M”. Aquí adozar consiste, ao parecer, en reducir, simplificar e unir, os DIVERSOS COÑECEMENTOS FÍSICOS, porque canto máis se investiga máis encontraremos e entenderemos, pero saberemos menos (dixit Stephen Hawking nunha entrevista), xa que inquieta o que nos queda por investigar, e reduce o sabor do saber: CANTO MÁIS COÑECEMOS, TANTO MENOS SABEMOS.

É que, etimoloxicamente, saber menos é saborear menos, porque “saber” deriva, etimoloxicamente, do termo latino SAPERE, ter sabor ou gusto, pero tamén ter xuízo: En Plauto entra así: “si sapies...”, “se tes xuízo...”; pero coñecer moitas cousas é complicarse a vida con non sempre fáciles e insípidos razoamentos que vetan solucións existenciais. Miren por onde esta “M” da “Teoría-M”, un tanto “misteriosa”, é tamén “Teoría Madre”, segundo algúns físicos, que se abonan á expresión matemática do sentido común.

Resulta curioso que os nosos políticos, neste ambiente electoralista, intenten aplicar o consello de Teresa de Xesús, adozando os remedios (e lembren que os arxentinos chaman “remedios” ao que nosoutros chamamos “medicinas”) prescritos para as enfermidades socio–políticas que afectan ao noso país; pero aquí enchen de desacougo e amargura aos pacientes cidadáns, vítimas da diversidade de diagnósticos e das diferentes terapias, desconcertándoos con ese sabor agre–doce de quen fala e promete moito o non di nada esencial, de sabor.

E da mesma maneira, tamén quebran a posible aplicación analóxica dos físicos mais prestixiosos, porque en vez de unir, dividen. Van por España adiante sementando coñecementos, teorías, ofertas e presentando unha realidade calidoscópica, abundante en contradicións e ridiculeces, que só ofrece coherentes semellanzas coa singularidade dos distintos partidos, froito, claro está, das especialísimas e interesadas visións persoais dos líderes. Por iso os pactos, de acadarse algúns, deveñen papel mollado, xa que navegan nunha atmosfera de hipocrisía, nin tan sequera intelixentemente disimulada. Como, así, esperan que os tomen en serio!?.

Son especialistas na perda do tempo!. Pois os electores responden mellor a consonancia dos saberes que as aburridas e monocordes exposicións, das que non son capaces de saír. Iso si, despachadas nunha atropelada dicción para que os destinatarios as recibamos como se a acumulación de ideas (vaia por Deus!) non lles dera tempo a transmitilas, evidenciando que a ese estereotipado e maquinal coñecer corresponde un escaso saber.

Poñamos un exemplo. Cando os nosos paisanos escoitan o moito que coñecen dos problemas do campo os políticos que os visitan, quedan asombrados, e por dúas vías: polo moito que explican e polo pouco que saben. E a ninguén se lle oculta que cada vez hai menos troitas nos ríos, máis animais salvaxes cun trato desmedidamente preferente, que danan as colleitas, matan os animais domésticos e inquietan á poboación. E non falemos se tocan as infraestruturas agropecuarias que, en vinte anos, fozan todo como xabarís.

Isto parece que debería levalos a esixir a coordinación dos coñecementos técnicos cos saberes dos cidadáns adquiridos na experiencia tradicional e evolutiva no contacto directo coas problemáticas de cada caso: Eles saben como os ríos se repoboan de troitas, como manter e controlar a biodiversidade axeitada a súa localidade, e están moi lonxe de caer en ridículas decisións, como é o caso de que se a unha persoa a morde unha cobra ou víbora, lle envíen axentes a preguntar (inquisitorialmente) se a matou, non como se encontra el, que a educación neste noso país leva xa tempo de vacacións.

Por outra parte, lembremos que ben marcha a macroeconomía e que lonxe está da micro, con xentiña en condicións terceiromundistas e de extrema pobreza: Outra evidencia dos brillantes coñecementos dos economistas e do desinterese polos saberes. Parangonando, a contrario sensu, ao Dr. Paul Chauchard, biólogo e neuro–fisiólogo, poderíamos dicir que os nosos economistas–asesores teñen o perigo de apaixonarse tanto polos edificios, que esquecen por completo os ladrillos: A obsesión co bosque impídelles coidar as árbores; e a atribución pouco ponderada e entusiasta das propiedades epistemolóxicas da ciencia a ideoloxía lévaos a descoidar o máis esencial dos estados de pobreza, material e existencial. Iso si..., sen prexudicar ás grandes fortunas!.

Din algúns intelectuais que estamos entrando no que se chama TERCEIRA CULTURA, froito do uso exclusivo da racionalidade científica, posta ao servizo dos intereses económicos e políticos dunha minoría; mais non esquezan, sobre todo, que estamos perdendo, polo menos, as referencia humanas, con evidente perigo de robotizar a vida, abusando (facendo mal uso) dos coñecementos en prexuízo dos saberes, que lle dan sabor. Precisamente por iso os problemas existenciais póñennos nun aperto cando se presentan. Botemos, se non, unha ollada aos refuxiados.
ticos, embarullados cos seus asesoramentos e paixóns persoais, están pasando por alto o esencial, salvo en promisorias cantilenas de mero trámite electoralista: Están noutros mundos comprometidos coa entrada nesta “terceira cultura”, con estratexias máis o menos disimuladas de aparente diversidade, para xustificar cadansúa postura ideolóxica, pero de causalidade semellante.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES