Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debate a catro

domingo, 19 de junio de 2016
Escoitei pola radio o único debate a catro que vai haber nesta campaña electoral… Parece un retroceso no tempo, e non é así. É o triunfo da radio sobre calquera outro medio de comunicación, pola coñecida ventaxa de que a radio está ahí, sen esixir atención plena, mentras que a televisión é máis invasiva e non comparte con case ninguén a túa atención.

Escoitei o debate a catro, e simultáneamente dediqueime a vivir, a escribir no ordenador, a pensar noutras cousas, porque afortunadamente hai vida despois ou ademais da política.

Hai quen considera imprescindibles os debates, para que todos os candidatos teñan a oportunidade de ser escoitados, pero nesta ocasión é dudoso, porque se trata dunha repetición de comicios porque os primeiros resultaron fallidos, por culpa precisamente dos candidatos que participaron neste.

Contabamos con un “todos contra Rajoy”, que o presidente interino iba a recibilas todas na mesma meixela, e sen embargo tamén a outros lles tocou ser destinatarios de observacións e preguntas, ata o punto de que Pablo Iglesias tivo que recordarlle a Pedro Sánchez que el non era o seu oponente, para que dirixira as súas agresións verbais ao natural destinatario, Mariano Rajoy.

Como cos resultados electorais, os catro participantes manifestaron sair moi satisfeitos deste singular debate con tres moderadores, con tempos limitados en extremo, con temas pactados de antemán… demasiado previsto todo. O cal en principio non ten que estar mal, que o verdadeiramente aberrante é que se perdan os papeis, se insulten, e convirtan un debate nun espectáculo vergoñento.

Pouco de utilidade saquei do debate a catro… porque os catro convencen coas súas palabras, pero xa se sabe que as palabras dos políticos acaba por levalas o vento, e as promesas de hoxe mañán poden ser fume.

O bo de ter escoitado pola radio o debate en lugar de velo pola televisión, é que estiven traballando normalmente tendo de fondo as palabras dos políticos… e aínda que me pareza que non amañamos nada coa experiencia, polo menos non me queda a frustrante sensación de ter perdido un tempo precioso.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES