Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lavatorio de mans polo Nadal

miércoles, 13 de diciembre de 2006
Da historia sacra pasou á vida cotiá, e se Poncio Pilatos, gobernador no nome de Roma da terra dos xudeus se lavou as mans para indicar que quedaba libre de culpa do que fixeran co “fillo do Home”, eso de lavarse as mans quedou acreditado como fórmula real ou metafórica para autoexonerarse de calquera cuestión que a alguen pudiese afectar.

O lavatorio de mans correspondería en canto a tempo ás xornadas de Paixón, pola Semana Santa, pero os que se lavan as mans como xeito de descargar responsabilidades poden utilizalo no decurso do ano con liberdade, que a interpretación é ampla.

Neste caso, o lavatorio é polo Nadal, e corresponde ó Goberno galego en relación coa cidade da Cultura, que pouco a pouco vai deixando de ser responsabilidade dos gobernantes para ser cada día máis de Galicia enteira, da empresa privada, nosa.

Certo que foi unha obra descomunal que había que ter plenamente planificada, pero así as cousas ben merece Galicia unha macroinstalación na que lucir as súas diferencias, cualidades e idiosincrasia.

Pero o novo goberno, que logo cumprirá ano e medio no desempeño dos seus cargos, tomouse tempo para asimilar a herencia recibida e en decidir que vai facer co que parece “un morto” cando estaba chamado a ser expresión de vida.

A Conselleira de Cultura, directamente vencellada cos contidos da Cidade que leva o nome da súa Consellería, está a piques de explicar no Parlamento o que se vai facer cos edificios, pero en tanto o Presidente da Xunta xa se ten dirixido á Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, no que aparte da Xunta están representadas as máis importantes empresas galegas, Caixas de aforro e Universidades, xa que se aposta por un modelo mixto de funcionamento no que o capital privado corre cos gastos de mantemento do complexo complexo.

Ahí queda eso, facédevos cargo, parece significar. Lavatorio de mans, e - por seguir con símiles sacros – “que pase de min ese caliz”.

Claro que, como estamos en Nadal, seguro que temos a festa en paz, que é do que se trata en definitiva. E ó mellor, quizais, se cadra, chegamos a ter en Santiago unha Cidade da Cultura.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES