Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (X)

miércoles, 08 de junio de 2016
Paseaba o noso amigo pola praia de Covas (Viveiro) alleo á xente. Lía un papel que, ó achegarme, decatéime que era un folio dunha car ta. Saudéino e díxenlle: xa fai tempo que non o vía.

-Pois tés razón, andiven de viaxe e agora veño a pasa-lo vrau una tempada. Eu teño moito cariño á Terra, pero tamén me gosta ver mundo para decatarme do que pensa outra xente.

- E ¿ Cómo lle foi? ¿ Aprendeu moito?

- Ir, foime ben, o que é aprender, non o sei, porque coido que vaia a onde vaia os problemas sempre son os mesmos: traballar, darlle ós fillos os medios que un non tivo, ter un fogar e vivi-lo máis cómodo posible… e pagar impostos en función do que che dían.

Despois está a idiosincrasia local e as expectativas persoais. Na idiosincrasia anda o fanatismo de pensar que o de un é o mellor, o que pode leva-la xente por estúpidos carreiros; e logo tamén conta moito a filosofía vital da xente que pode ser de loita, de pasotismo…Iso é o que marca os pobos. Aqueles, por exemplo, que teñen moita Historia esgarécense froito dun valeiro orgullo que agocha moita folgazanería; non embargantes, outros, máis novos, sen outro valor que o traballo das súas xentes, medran, progresan e tiran para arriba que da xenio velos.

Os pobos non viven da súa beleza natural, agás só quizabes un pouquiño, con excepcións puntuais que o fan con claridade, pero a maioría viven do esforzo dos seus ciudadáns para todo orde de cousas, desde crear empresas, montar industrias, aproveitar ben os recursos naturais e innovar para satisface-lo mercado… amén das iniciativas individuais.

- E logo ¿ qué lle parece Galicia?

- Galicia é un paraíso como ben é sabido, pero está en mans alleas. Por outra banda, hoxe é un auténtico asilo de anciáns sen outraespectativa que pregar que duren as pensións. A política galega, que tanto prometía cando se fixeron as autonomías, só consisteu en crear unha nova oficina de colocación dos amiguiños do partido e bota-la xuventude á emigración para non perder a nosa esencia. Perdoa a ironía.

- Pero algúns queren a independencia…

- Mira, rapaz. Cada un pode tirarse ao mar cando queira, que é unha cousa moi doada. Pero a realidade é a que é que na miña cachola non entra isa solución. Xa sei que hai iluminados que soñan con isa Galicia, pero ¿de quén son hoxe aqueles buques insignias que otrora tiñamos como o banco Pastor, Fenosa… empresas galegas que só eran reclamo de ilusos, pero que como se veu despois estaban a negociar con outras. Ata R vendeuse fai pouco. Se acó todo o capital está en mans alleas, se ata a auga dos ríos está a servir e nós verdadeiros enemigos da Terra ¿Acaso cres ti que isa empresa tan importante de roupa que lle chaman Aindatés, ou algo así, vai considerarse galega en exclusividade?

Galicia, para ser independiente necesita unha profundísima volta… e a máis hoxe os nacionalismos son pousos vellos. Vivimos, gostenos ou on, en Europa, xa decrépita tamén e o mundo evoluciona a desaparecer as fronteiras e ata os estados. Tardará máis o menos, pero ise é o camiño escollido, que eu non digo que sexa o acertado, porque non o sei.

O mundo tecnolóxico e a interrelación empresarial presenta un panorama onde se perde o nacionalismo, que puido ser, cecais antes, unha boa idea, pero para mín hoxe é unha ilusión fallida. E sintoo porque teño amigos que aínda cren niso.

- Vaise encabronar máis dun co que me está a dicir.

- Mira, neno, a mín, se se encabronan ou non, dame igoal. Ós meus anos non vou a deixar de expoñer as miñas ideas tal como as vivo. Tamén recordo que cando emigrei, algúns dises que reparten carnés de galeguidade desde o seu fanatismo, negáronme o pan e o sal a base de trolas e comentarios inventados chamándome renegado e cousas parellas. A mín ninguén me da carné de galeguidade nin de nada, nin tampouco permito que iles representen a galeguidade como se a vivirán con máis autenticidade que mín. Ninguén me da leccións de amor a Galicia que non sexan as persoas cultas que deu e seguirá a dar a Terra.

- ¿ Vostede pertenece a algún colectivo ou está afiliado a algún partido?

- Aí tés, aí vas ben. Endexamais pertenecín a ningún partido nin o vou a facer agora. As miñas ideas expesan con claridade en que partido estou: no da xente que me necesita, como ises rapaces emigrantes que viven con dignidade e honor a xenrreira que supón seren expulsados da Terra, porque a fauna política é tan miserenta que non soupo crear as condicións precisas para que poideran desenrolar na Terra os seus proieutos de futuro. Certamente, fun firmante e, por tanto, un dos fundadores de “Sementeira” ( grupo cultural viveirés), que logo derivou nunha plataforma dun partido e, por iso, borreime; despois son membro , fundador tamén, do Seminario “Terras de Viveiro” ( outro grupo parecido, pero sen posicionamento político esplícito), pero eu alí nunca fun ninguén, nada máis que un socio paganini.

-Dígollo porque observo que, cando un forma parte dun colectivo, os amigos ou os compañeiros políticos sempre amosan unha estima e unha consideración moi
fondosa que logo se traduce en agasallos de diversa índole.

- Certamente. Así vive o mundo. E danse premios, honores, favores… a unha morea de persoas que en realidade moitas veces son trapalladas. Os homes han vivir de pé e non seren uns miserentos acaparadores de vanidades. Isa falta de engreimento, isa humildade coa que se ha de vivir sempre, son opostas a tanta petulancia e soberbia típica dos “ xenios”. ¡ Ríome eu dos xenios, coma se non coñocera as miserias!

- A mín pedíronme que escribirá un conto galego porque me ían a dar un premio.

- E ¿qué fixeches?

-E¿ Qué ía facer? : non escribilo.

- Pois mira, o contrario do que fan moitos. Escriben calquer aqueloutrada como, por exemplo, como cando me contaches que escribiras de novo, aquelo de D. Quixote emigrando nun seiscentos desde Galicia. Pois collen isa idea e decórana un pouco, meténdolle unhas ovellas polo medio e unha mixtura de saudade e xa tés o Timo nº 5 da editorial Ganocartos. Despois, os da túa camarilla fan publicidade interesada e danche o premio “ Principe das leiras “ , que é o xeito de ser considerado un gran escritor. Quéixanse de que non se le, pero en realidade todo depende da vontade do lector e a súa intelixencia. Dixéronme que un superventas era de Belén Esteban, filósofa do lowcost. Iste é o mundo real, rapaz.

E nistas, marchou correndo pola la Praia, sen dicirme nalle oía cantar: ¡ Y viva España! ¡España es la mejor!

¿Estaría outra vez escarallándose de risa á miña conta?.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES