Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A prol da cultura de todos os días

miércoles, 08 de junio de 2016
Os nosos devanceiros cunha lentura asisada foron aprendendo da Nai Natureza os ciclos da terra: os tempos de sementeira, colleitas, etc., e alternaban labores e celebracións para festexar os froitos do seu traballo aplicado ás estacións e ao clima. Pero na primavera que son as nosas letras, o maio frorido, asemella que algunhas institucións e centros caen na falacia de agochar a desidia e a falla de paixón do resto do ano cunha voraxine de actos, a maioría oficiais ou obrigados pola axenda ou o calendario que marcan os poderes, cunha capa de cultura que escurece as fendas e as feridas que está a sufrir a fala a cotío na rodaxe do comunal.

Eventos deslumbrantes que queren minimizar a loita dolorosa de colectivos e axentes culturais para saír adiante na súa aldea e cidade no día a día. Co excepcional non debemos diminuir a grandeza das pequenas cousas de cada xornada ateigadas de agarimo e bo facer. Xermolos alarmado polo boato do Día das Letras, o 17 de maio, no Ano Díaz Castro, -abrumados con tantos coches oficiais e cerimonias en recintos pechados-, decidiu celebrar as letras ao día seguinte, na paisaxe acolledora do San Alberte, facendo camiño, chamandoa daquela “Festa da fala”, Apostamos polo acadado cada día soñando e construindo a nosa cultura, non polo circunstancial e excepcional coma o Día das Letras. Sempre asenta mellor a chuvia pausada que vai caendo grávida co vendaval que pega forte pero non chega á raíz. O excepcional dun día non pode eclipsar a inactividade e o pouco compromiso dos outros. Entre tanta programación oficial e cansos de escoitar falar de Díaz Castro sen lelo, Xermolos decideu festexalo co pobo, sen escearios nin moquetas, a ras de chao, e escollemos unha celebración moi acaida na comarca: o santo da fala, ao que ofrecen ás nenas e nenos de pequenos para que non teñan eivas na súa comunicación verbal.

Manuel María foi o que máis cantou ao San Alberte con dous poemas, referencias en artigos e un relato curto lembrando a súa peregrinaxe nunha égoa cos seus pais cando era pequeno. Moit@s repetimos esta camiñada o domingo vintedous, e cantamos coma noutrora con él, “O carro”, o himno dos chairegos, e mergullámonos no Río Parga cantareiro.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES