Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentidiño

viernes, 03 de junio de 2016
Faltan menos de tres semanas para o que seguro pode ser denominado “Día D e hora H”, e todo ferve ao noso arredor, todo se move tendo como referencia e punto final o domingo, 26 de xuño.

No Pp provincial, aparentemente tranquilo, sonou como unha bomba de palenque de remate de festa un artigo do exalcalde de Friol, Muíña, radiografiando unha situación imposible de describir deste xeito desde dentro, o que evidencia que ten que estar moi doído e desesperanzado para falar con tal expresividade e crudeza dunha guerra que só pode traer inquedanza ao por agora primeiro partido da provincia en canto ao número de votos.

No Psoe, teóricamente segundo partido en número de votos, a derrota de Méndez Romeu, seguida do seu abandono da portavocía no Parlamento galego, orixinou singulares loubazas por parte dos seus oponentes políticos que recoñecen o bo facer dun peso pesado dos socialistas de Galicia que afirmou poder sustituir a Feijóo na presidencia da Xunta.

Ciudadanos, que se coidou marca blanca do PP, eixo demostrado de diálogo, está en plena crise de identidade por terras galegas no peor momento para sufrir unha crise.

E así, sucesivamente… como se este chuvioso maio que ven de rematar, axitase todas as augas nun tempo previo a que todo se poña en cuestión, a que por fin saibamos a que aternos sobre o que pode pasar nos próximos catro anos.

Todos os partidos están preocupados porque saben que, en maior ou menor medida, lles fallaron a uns votantes confiados en que amañaban o país delegando os seus poderes a través dun voto. Sen conseguir nada. Perdendo seis meses dun tempo precioso, e sobre todo levando por diante as nosas esperanzas de futuro.

O 26 de xuño é o momento definitivo para todos nós. O momento en que de novo hai que dar un voto de confianza aos que dubidamos o merezan, pero non temos máis remedio. Así que o 26 de xuño daremos un salto no vacío agardando atopar abaixo un colchon que nos recolla sen daño, pero temendo que máis aló do voto non haxa nada que o compense… e que a nosa confianza, de novo, quede orfa de resultados. Así que, sentidiño ao votar e, sobre todo, sentidiño por parte dos votados.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES