Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cidadáns de Galicia

jueves, 07 de diciembre de 2006
O fenómeno naceu en Catalunya co nome de Cidadáns. Tiveron catro meses para organizarse, conseguiron tres mil cincocentos afiliados, e nas últimas eleccións autonómicas obtiveron noventa mil votos e tres escanos no Parlamento catalán.

Fundados entre outros polo iconolasta Albert Boadella, decláranse de centro esquerda pero maniféstanse independentes, e teñen vocación nacional, entendendo como tal o ámbito estatal español.

E a nós, en que nos afecta?. Pois que a menos de medio ano das eleccións municipais, aínda pode aparecer este fenómeno en Galicia despois do traballo denodado que os actuais partidos levan efectuado no seu favor.

Os actuais partidos políticos teñen dado mostras abondas de estar fóra da realidade, do tempo e do espacio. De poñer os intereses partidarios e personais por diante de Galicia e os galegos. De precisar unha renovación moi fonda en organización, espíritu e funcionamento, a menos que queiran comprobar a progresiva desilución de cidadáns/votantes que non se senten representados por eles.

A aparición de candidaturas independentes como fungos cada vez que vai haber unhas eleccións non ten que ver con este proceso, senón con vocacións políticas frustradas. Mesmo en Lugo a Federación de Veciños fala dunha candidatura para combatir ós partidos tradicionais.

O de Catalunya pode ser o comezo de algo importante. Se os Partidos non contemplan esta posibilidade e non endereitan o seu rumbo, Cidadáns de Galicia pode ser unha realidade e unha fonda revolución do panorama político do país. A menos que aquí a cousa non se plantee en serio, e se encarguen do tema catro voluntariosos disidentes que deixen as cousas peor do que están
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES