Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As embaixadas da Xunta no exterior

lunes, 04 de diciembre de 2006
Cando comezou a implantarse en Galicia a idea da gobernación autónoma, entendemos que quedaban fóra das súas competencias as de Facenda, as do Exército ou Defensa, e as relacións exteriores, entre outras.

O de Facenda, evolucionou hacia unha tarefa compartida, coa existencia de dúas facendas correspondendo á autonómica o control e administración dos tributos transferidos a Galicia.

Do Exército, nada, xa que a propia evolución do colectivo, a especialización dos conflictos ou as misións de paz… evidencian que a defensa é cada vez máis unha tarefa supranacional.

As seleccións deportivas son outra mostra de reforzamento do poder autónomo, que se non traen consigo elevadas cotas deportivas sí nos reafirman na diferencia.

Quedaban as relacións exteriores, e parece que xa o temos resolto. O goberno galego vai abrir unha rede de delegacións no estranxeiro, que desempeñarán as funcións de representación do executivo, e de apoio a emigrantes e empresarios. A primeira, en Bos Aires.

Por agora non se poden chamar embaixadas, porque só van ser delegacións. Pero as delegacións son puras representacións do goberno, son anacos do goberno dentro doutro país, chámeselles como se queira.

O malo é cando esto evolucione e en Bos Aires, ou en París, en Roma ou Berlín, haxa ademáis da Embaixada de España as Delegación das dezaseis autonomías.

Se a cousa se fixese indo ó práctico, ata a Embaixada de España podería albergar a tódalas demáis para, polo menos, aforrar dezaseis costosos alugueres.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES