Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As infinitas caras de Oliver Twist

viernes, 20 de mayo de 2016
A marchas forzadas volvemos ás corredoiras do XIX. A Inglaterra da primeira revolución industrial que había de cambiar o mundo tinguíu de negro as verdes colinas, os pulmóns, as casas dos traballadores. A ‘gloriosa’ época victoriana onde o 15% dos cativos morre ao nacer. Descalzos, esfameados, traballando longas horas por un salario infame, os nenos comían mal e cobraban pouco pero axudaban á precaria economía familiar.

Hoxe, a poeira do carbón son os gases que enveleñan o planeta. Os traballadores amoréanse nos seus arrabaldes. E medran os guetos para inmigrantes máis ou menos documentados. Ás veces ferve o zume da ira e o lume ilumina a noite cos coches queimados, co saqueo de tendas e negocios.

Oliver Twist non vive nun orfanato, é un neno inmigrante que vén da desfeita do leste de Europa, que foxe da primavera dos fanatismos de Oriente Medio e norte de Africa, que escapa da depredación das riquezas de África, do cambio climático que fai invivible tanta xeografía física e humana.

Según Kevin Hyland, comisionado anti-escravitude moderna de Gran Bretaña, os "Oliver Twists" son unha realidade cotiá para uns 13.000 nenos vulnerables. Deberían estar na escola pero se utilizan en operacións criminais. Son enviados a roubar, mendigar e atacar turistas en Londres, a City dos depredadores. Hyland di que as 151 condenas por delictos relacionados coa escravitude son a punta dun iceberg de explotación sexual, traballo infantil, servidume doméstica e criminalidade forzada.

Oliver Twist en Inglaterra, Oliver Twist en España. Según a Enquisa de Condicións de Vida do INE, un de cada tres menores vive en risco de pobreza, camiño da exclusión social e a seren carne de canón dos canallas. A taxa de pobreza leva tres anos aumentando, e según o índice AROPE que combina pobreza, carencias materiais e emprego precario, o 35,4% dos menores está dentro dese indicador. Un terzo dos nenos españois están en perigo de se parecer a Oliver Twist, símbolo hoxe da destrucción da infancia. En Londres caen baixo as redes da delincuencia e da marxinalidade, propiciada na época victoriana pola migración rural ás ciudades, e hoxe por oleadas de inmigrantes que escapan dos infernos da xeografía e dun modelo económico diabólico.

Oliver Twist foi unha das primeiras novelas sociais, un aldabronazo nas conciencias sobre a pobreza, o traballo infantil e a utilización de menores para cometer roubos e delictos. Dickens denunciou a hipocresía daquela sociedade, hoxe tería que facer o mesmo nun mundo onde uns poucos usufructúan os bens da terra e condenan á inmensa maioría á inseguridade, ao presentismo da pobreza, á falta de esperanza. Un terzo dela, a máis sensible, aquí, ten as múltiples caras de Oliver Twist.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES