Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É sano confiar no que din os políticos?

miércoles, 29 de noviembre de 2006
Onte, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación fixo pública unha nota informativa titulada “Elena Espinosa garantiza una atención suficiente, justa y equilibrada a las necesidades del sector pesquero gallego”.

Diante de algo así poñémonos en garda.
A verdade é que a prosa poética, antes reservada para os preámbulos das normas legais, invade toda a relación que os organismos oficiais manteñen cos medios informativos, e o almíbar parece ser o ingrediente máis utilizado para sazonar os platos que nos sirven.

Pero cando un plato destes aparece servido con esta apariencia exterior, poñémonos a tremar, aínda que teña detrás – ou debaixo- a mellor intención do mundo.

A Ministra afirma que están cumpríndose tódolos compromisos contraídos co sector pesqueiro, que o goberno ten proposto á Comisión Europea celebrar en Galicia un Seminario de tódolos estados membros da U.E., menciona a importancia da renovación dos acordos con Mauritania, a vantaxe para os 130 buques galegos que faenan no Gran Sol do novo sistema de cotas de pesca, e destaca o mantemento das cotas de pesca de atún e pez espada…

Se é verdade, é para entusiasmarse.

Se cremos todo o que nos din, estamos sendo demasiado cándidos, e eso sano non é. Se non cremos nada, estamos exercendo de excépticos de máis; quizaís mesmo de máis do que a realidade esixe.

Moitas veces pagan xustos por pecadores, pero estamos tan queimados que nos apuntamos a un pouco de escepticismo. E logo, xa se verá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES