Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rota literaria por Ourense

miércoles, 18 de mayo de 2016
A clase da UNED Sénior do día 10 de maio co profesor Don Felipe Senén López Gómez estivo adicada a percorre-lo casco antigo de Ourense donde rezuma por todas partes a Literatura Galega. Acompañanos tamén o noso Coordinador D. Luis Ángel rodríguez Patiño.

O día presentaba un aspecto algo nublado pero permitíu percorre-lo itinerario previsto mentres o profesor ía explicando detalladamente todo o acaecido en cada recuncho.

Rota literaria por OurenseComezamos o percorrido ó pé das Burgas, da man de Eduardo Blanco Amor, o autor da Esmorga: “Conque seguía a caer aquela chuvia coriscada que facía máis mesto o bafo a se soerguer da auga quente do lavadoiro grande da Burga”.

Uns metros máis adiante, as Burgas recíbíannos cos serenidade de sempre: Os seus chorros constantes de 300 litros por minuto e a súa temperatura de 67 graos.

Naquel lugar de encanto sen igual, no século primeiro da nosa Era, unha moza galaico-romana, chamada “Calpurnia” ofreceu un voto ás ninfas e resultou curada.

Hoxe en día, os estudios dos arqueólogos, deixaron ó descuberto unha parte do que puideron se-la Burgas no seu momento:
Debía ocupar unha boa extensión, a xulgar polo que podemos ver a día de hoxe, despois das excavacións e os conseguintes acondicionamentos no que se refira á súa evolución:
-A piscina ritual
-Espazo porticado do edificio romano.
-A reforma da piscina.
-Os restos do hipocasuto do século II a. C.
-O camiño de cantos da época medieval.
- E a reconstrucción estratigráfica arqueolóxica.

Rota literaria por OurenseSeguimos o percorrido polas rúas do Baño, Cervantes, Burgas seguindo as explicacións do profesor.
Onde nos atopamos cun monumento ó político Alxandre Bóveda, motor do Partido Galeguista cunha inscripción de Castelao, que poñía:
Bóveda terá que ser un mañán próximo ou lonxano bandeira da nosa redención (Castelao)
Nun recuncho, unha tenda moi enxebre dáballe un perfil moi galego á praza:”Enfiados” cunha geleguiña diante da porta, que case convidaba a entrar.
E nesto xa nos puxemos na Praza Maior onde se atopa a Casa do Concello, obra de Queralt cos súa fachada clasicista do século XIX rodeada de casas nobiliarias dos séculos XVIII-XIX.

Seguimos rumbo á Praza de San Martiño, bordeando Catedral e dirixíndonos cara ás casas onde viviron, Florentino Cuevillas, Ramón Otero Pedraio, Vicente Marrtínez Risco e Xaquín Lourenzo: galegos inadaptados do século pasado que formaron o Grupo NÓS e deixáronnos moita documentación escrita sobre a vida galega da súa época, que segue vixente actualmente.

Na casa de enfronte estivo Xaquín Lourenzo Fernández “XOCAS” e moi cerca a de Florentino Cuevillas.

Dirixímonos a continuación ó Eironciño dos Cabaleiros, onde nos atopamos co Pazo dos Armada, o xardín de Feijóo e pola rúa de Lamas Carvajal (o do Catecismo do Labrego), dirxímonmos unha preciosísima construcción onde se atopa o Liceo de Ourense.

Aquí demos por rematada a visita moi condensada en moi pouco espazo, pero con moito contido arqueolóxico, cultural e literario.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES