Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aula Móbil da UNED Sénior Galicia Rural

martes, 17 de mayo de 2016
Era o día dez do mes das flores do ano 2016 cando o Alumnado da asignatura de Historia e Cultura de Galicia se dirixía na súa “AULA MÓBIL” cara a Ourense co gallo de facer unha visita ó “Casco Antigo da Cidade das Burgas”; cando de camiño o noso benquerido Profesor don Felipe Senén López Gómez, empezou a súa maxistral lección, nada máis incoporarse ó grupo en Betanzos, na compañía do noso Coordinador; D. Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Este último, encargoume que fixera un comentario da viaxe; pero –dada a intensidade da mesma- optei por dividila en dúas partes:
-A primeira adicada ás explicacións de profesor ó longo da viaxe, cariñosamente titulada: “AULA MÓBIL DA UNED Sénior da GALICIA RURAL.
-A segunda á ROTA CULTURAL E LITERARIA NA CIDADE DE OURENSE, que irá nun capítulo aparte.

O noso Profesor non permite que perdamos tempo. Ten razón porque xa imos entrados en anos e vai sendo hora que aprendamos algo máis.

Pasando por Vilasantar, lembrounos a Cidadela romana que xa fora visitada noutra ocasión.

Tamén nos lembrou ó creador da Salve, San Pedro de Mezonzo e ós condes que noutrora eran donos de todo o contorno.
Entrando en Melide, mostrounos aquela estructura en formigón que en tempos pasados fora empezada con moito entusiasmo para venerar a algún santo ben abogoso; pero que se quedou no que hoxe vemos: un esquelete de formigón campeando ó aire libre para chama-la atenciaón dos que por alí pasamos.

Un pouco máis adiante, á man esquerda quedaba o indicar para ir a San Antolín de Toques, aquela capeliña que visitaramos en tempos pasados.

De Melide, recordounos o seu museo creado con moito cariño, a situación nunha encrucillada e sobre todo o paso do Camiño de Santiago que dá vida e un perfil especial a aquela vila.

Camiño de A GOLADA, foinos falando dos “PENDELLOS ou ALPENDRES” do sécuo XVIII que poderían contarnos moitas cousas de tráfico de mercadorías, tratos ente feireantes, tránsito de cartos e outras moitas historias; se as pedras poideran falar.

Hoxe en día quedaron como unha mostra de arquitectura popular dignos de visitar para quen non os coñeza.

Non se podía esquecer os escasos valados de pedra que aínda quedan nos lindes dalgunhas leiras. Valados que chegará un día que desaparecerán porque haberá quen os aproveite como pedra rústica para restauración de casas e pazos.

Cando pasabamos por Goiás: sacou á conversación unha das meigas máis importantes de Galicia que se despedíu desta vida sen saber moi ben como porque o caso aínda está por esclarecer.

Era unha meiga moi cauta: cobraba en especie e así a Facenda nunca puido meterse con ela. Podería dicirse que “vivía do aire” e tamén do espírito, supoño.

Dando estas e outras moitas explicacións, puxémonos en Lalín nun brinco. ¡Lalín! ¡Lalín!

¡Canto lle cambiuou a imaxe desde que por alí pasaron políticos de moita sona que contribuiron notablemente ó florecemento económico e industrial do que hoxe goza.

Deixando Lalín, adentrámonos no “POZO DO INFERNO”, unha tupida fraga de árbores autóctonas, hoxe cortada pola autovía, que noutrora fora escenario de non poucas falcatrúas entre “PEPA, A LOBA” e os “FEIREAN TES” que por alí pasaban.

Tamén tivo a súa importancia o wolframio da zona, que deu argumento para a película “LOBOS SUCIOS” sobre os anos 40 da Segunda Guerra Mundial.

Á man dereita da Autovía de Dozón, quedaba unha granxa da Deputación, adicada a coellos e perdices, rexentada polo Sr Pereira, moi coñecido do noso Profesor.

Próximos tamén, quedaban:
-O Mosteiro de Oseira e “JUAN JOCOBO FERNÁNDEZ”, mártir en Tamasco; e “PEPE PAZ” que pasou a súa vida na India coiodando a casa de RABI NDRANAT TAGORE.
-“SAMUEL” o engraxador da Torre Eifel de París.
-“JOSÉ LEGÍSIMA” un franciscano que chegou a superior en San Francisco e foi confesor da Raíña: VICTORIA EUGENIA.
-A romaría de SAN BENITIÑO de Marañao a onde ten ido o noso Profesor.
-O pan de Cea, de fama case internacional.
-Don Ramón Otero Pedraio e o seu Pazo de Trasalba.
-Alberto Cortés de Punxín e San Vintila de Punxín
-Aurora Bernárdez, musa de Julio Cortázar
-O Ribeiro do Barbariño e o ribeiro do Miño á carón do pai Miño.
-As anguías de Alongos.
-As Fonts Termais de Outariz e a Chabasqueira (Chavasqueira).
-O Mellor pintor de Galicia: Xaime Quesada.
-A Ponte do Milenio.
Aula Móbil da UNED Sénior Galicia Rural
E… ¡¡¡OURENSE á vista!!!
Xa quixera eu, lembrarme de todo canto nos dixo o noso MESTRE: Don FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ, que coa súa sabedoría e a súa mestría é capaz de CONVERTIR UN AUTOCAR NUNHA AULA MÓBIL un día á semana e espallar coñecementos ó Alumnado Sénior da Galica Rural que nunca puido sospeitar te-la honra de pertencer a unha UNIVERSIDADE tan peculiar, tan enriquecedora e tan entusiasta como é UNED Sénior Galicia Rural con aulas en Monfero, Aranga, Xermade, Paderne, Rianxo, Lousame…,ademais da “AULA MÓBIL” da que estamos a falar.

Quedamos agradecidos, na nosa ancianidade, a cantas persoas e entidades a fan posible; porque saímos enriquecidos.
O PAÍS QUE HONRA ÓS SEUS MAIORES, HÓNRASE A SI MESMO.

Tamén temos un agradecemento especial ó noso Coordinador Don Luis Ángel Rodriguez Patiño, á Directora da UNED de Coruña no momento da súa fundación: Dona Susana Blanco Miguélez e a don Germán Fernández, Director actual da UNED en Coruña; que apoian esta causa a favor da ancianidade do medio rural galego.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES