Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O subconsciente

sábado, 14 de mayo de 2016
Ó fío do congreso que a pasada fin de semana celebrou o Partido Popular en Ourense, que serviu para entronizar ó actual presidente da Xunta como candidato por terceira vez ó mesmo cargo que actualmente ostenta e que valeu tamén para desmontar do cabalo a outros que xa tiñan -ou pensaban que tiñan- o pé no estribo, reparei eu nunhas declaracións do novo secretario xeral do partido que me chamaron singularmente a atención.

Dixo -máis ou menos- o sorprendido novo secretario galego do PP, que para el era "un orgullo y un honor que Alberto Núñez Feijóo me haya elegido".

É certo que son unhas declaracións inocuas nas súas formas e de xustificado agradecemento debido no seu contexto por parte dunha persoa que se sente, loxicamente, recoñecida polo que supón cara el de dación de confianza por parte doutra situada nun plano funcional superior.

É dicir, que por previsibles non deberían iren máis alá có eco que da reverberación das súas palabras.

Sen embargo, se un se deten un pouco nelas e repara no fondo, ou o que ben a ser o mesmo, onde se sustentan as palabras, a cousa muda substancialmente substantivamente e dáme a min que merecen unha reflexión.

Vexamos, senón...

Como non seguín polo miúdo os detalles do congreso, dado que soamente había un candidato e o desenlace do mesmo era máis que evidente, non reparei se o sistema electoral utilizado para elixilo fora a man alzada ou de votación en urna. Sen embargo, ó ler tales declaracións fun á fonte informativa directa e vin que houbo un proceso electoral ó uso. A saber, de votación persoal e identificada en urna (unha persoa, un voto secreto, vaia...!), lendo, a continuación, que o escrutinio final arroxou un contundente ou practicamente unánime resultado do 97,8 % de votos a favor da candidatura proposta por Alberto Núñez.

Din que o subconsciente é a miúdo ou pouco traidor e, por moito que por veces un desexe facer unhas declaracións, ese "homiño" regulador que todos levamos e que lle chaman conciencia acaba por facernos pronunciar palabras que non deberiamos pronunciar, porque son certamente incómodas, pero verdades á fin de ó cabo. De aí que o recentemente elixido polos afiliados acreditados no congreso, no canto de pronunciar a frase que debería ser politicamente correcta -é dicir, "es un orgullo y un honor que Alberto Núñez Feijóo me haya propuesto para este cargo", acabase sendo víctima do seu propio subconsciente ó asegurar que foi o presidente e non a militancia o que o elixiu.

Sei que é cándida, a pregunta. Pero aínda así, vouna enunciar igual: Se quen o elixiu foi o "dedo" unxidor de Alberto Núñez, para qué serviu a votación?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES