Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous paxaros dun tiro

sábado, 14 de mayo de 2016
Pingas de orballo:
Dous paxaros dun tiro

Dous paxaros dun tiro
Xa o dicía aquel... que o que anda para adiante non vai cara atrás. Para andar para atrás ten que dar a media volta e... andar cara adiante. Ten o seu aquel, ten. E Pancracio Restituto Solaris andaba sempre para adiante. Cando lle dicían que retrocedese, el, todo parsimonioso, daba a volta e tiraba para adiante. Nunca lle tivo medo a nada. Nin á súa muller, “que xa é dicir”, remataba el. Pancracio Restituto Solaris tiña 70 anos. Nin más nin menos. A proba é que estaba de aniversario. Estaba a celebralo no bar de Restituto Sandiós Salado. O nome deste servía de broma para o apelido de Pancracio. Pero as bromas só eran ante o noso protagonista, pois Restituto Sandiós non era dos que aceptaban moita broma que digamos. Era bo home, pero o xustiño para unha parola seria e para poñer, iso si, o viño ou o café sobre a barra. Pancracio Restituto Solaris tamén se puña serio cando alguén se quería cachondear do nome da súa dona: Edulcorada Suárez Salamino. A súa dona, e a pesar de que non lle tiña medo, era moi especial para el. Para iso levaba con ela xa 50 anos xustos. De aí que tamén estivese ela no bar de Restituto; para celebrar o aniversario del e o aniversarios deles. Dous paxaros dun tiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES