Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego na intimidade

martes, 28 de noviembre de 2006
Os idiomas na intimidade gañan moito. Para exemplo, o catalán que falaba José María Aznar na intimidade monclovita a raiz do seu pacto con cataláns ós que había que contentar no aspecto máis sensible para os nosos veciños orientais.

Por agora, na intimidade, o que se di na intimidade, é dubidoso que os mesmos políticos galegos teñan o galego como lengua de convivencia, de familia. Se así fose, o acento delataríaos. E non.

Da difusión do galego encárgase a Secretaría Xeral de Política Lingüística, antes dependente da Consellería de Educación e agora da Presidencia da Xunta, que mantén no exterior cadansúa lectoría do noso idioma en numerosas universidades.
Tamén o ten nos seus fins o Instituto Cervantes, porque non só da lengua de Castela trata o Instituto, senón do resto dos idiomas do Estado.

Pero se ás cifras do Instituto chaman a atención é polo perxudicado que se ve o noso idioma, cando o galego que o dirixe, Cesar Antonio Molina, confesa que nestes momentos só se imparte o noso idioma no centro de París, o euskera en Munich e Bruselas, e o catalán que se impartía a dous centros pasou neste curso a 19.

Para que un idioma se imparta nun dos setenta centros do Cervantes, ten que haber un mínimo de cinco alumnos. Non os hai de galego e euskera. De catalán, andán sobrados.
Nos dous últimos anos, o Cervantes organizou 260 actividades de promoción da lingua catalana, 240 para a galega e 160 para a basca. Pois algo non cadra.

Van ter que explicárnolo polo miudo, porque Galicia desperta no exterior un interese indubidable, sendo Santiago e os seus camiños o máis importante factor de interese.

19 cursos de galego, 2 de euskera e un de galego dentro de 70 centros non nos convencen. A menos que impartan os cursos na intimidade e non nos digan nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES